Lugo, 24 de maio de 2018. O Presidente, Darío Campos Conde, adiantou este xoves que “dende este Goberno Provincial levamos ao vindeiro Pleno, que terá lugar o martes 29, novas propostas para investir máis de 25 millóns de euros nos 67 Concellos da provincia co obxectivo de contribuír á mellora da calidade vida dos máis de 300.000 veciños de Lugo dentro da nosa aposta por unha Deputacións coas persoas, social e rural”.
Campos avanzou que “21 millóns son para 307 novas obras de mellora de servizos públicos, financiar 200.000 horas de atención profesional a maiores a través do Servizo a Domicilio a persoas non dependentes, xerar máis 240 novos empregos e desenvolver 44 actividades culturais, 84 deportivas e 79 turísticas no conxunto do territorio lugués. Farémolo a través do Plan Único 2018, co que tamén contribuímos ao mantemento dos Grupos de Protección Civil tras os recortes da Xunta de Galicia e ao impulso da e-administración para que os veciños poidan realizar máis trámites por Internet”.
Outros 4,2 millóns en investimentos a incorporar ao Orzamento 2018
O Presidente adiantou que o Goberno da Deputación leva ao Pleno outra proposta para incorporar 4,2 millóns de euros de remanentes ao Orzamento de 2018, sendo máis investimentos na provincia, para as seguintes actuacións:
•2,3 millóns para novas actuacións nos Concellos a maiores das do Plan Único.
•600.000 euros para dotar dun carril bici ao Paseo do Río Rato, en Lugo.
•300.000 euros para iniciar as obras da residencia na Casa da Botica de Guitiriz
•300.000 euros para un Plan de Recuperación de Terras Abandonadas que contribúa ao impulso do sector primario e á posta en valor do rural.
•200.000 euros para dotar dunha canceira á zona Sur da provincia, que dea servizo a 22 Concellos, que se construirá en Monforte de Lemos.
•250.000 euros para un plan de sinalización intelixente que potencie o turismo.
•100.000 euros para recoñecer e colaborar co Breogán, Emeve e o Ensino, os clubes deportivos da provincia que acadaron ascensos á máxima categoría.
•100.000 euros para un plan de marquesiñas no rural.
•50.000 euros para un plan de dotación de desfribriladores nos Concellos.
RPT: “nova oportunidade á oposición”
“No próximo Pleno, a oposición terá a ocasión de rectificar tras darlle as costas aos traballadores da Deputación”, destacou o Presidente tras avanzar que se volverá a levar a mesma proposta de RPT acordada por unanimidade polos representantes sindicais logo de que estes presentase un recurso contra o acordo plenario contrario á mesma.
Pazo dos Deportes
O Goberno da Deputación tamén levará a aprobación definitiva da concesión demanial do Pazo Provincial dos Deportes a favor do Club Baloncesto Breogán. Esta cesión terá unha duración de 30 anos e permitirá ao club celeste cumprir cos requisitos económicos da FEB para acceder á máxima categoría do baloncesto nacional, a ACB. Por outra banda, garantirase o uso desta infraestruturas ao resto de clubs lucenses que empregan o Pazo entre os que se atopan os seguintes: CB Ensino, Estudiantes, Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, SDC Garabolos, Federación Galega de Baloncesto, USC Lugo, CB Cidade de Lugo, Baloncesto Franciscanos Lugo, Club Balonmán Lucus, Club Muralla Rugby, Club Loita Lugo, Asociación Deportiva Judo Muralla, Club Loita Vilalba, Taekwondo Sanxiao, Club Squash Muralla de Lugo e Club Squash Mostruíños.























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



