Trabada 16-5-18. 16, maio, 2018. O Grupo Municipal do PP de Trabada lamenta que a alcaldesa vaia someter hoxe ao Pleno da Corporación un convenio sobre a residencia de maiores que é prexudicial para os intereses do Concello. Tanto é así, precisan, que o primeiro que habería que facer é dispor dun estudo económico no que se aclare cómo se xustifica ese gasto que previsiblemente incumprirá o plan de estabilidade municipal.
O PP absterase na votación desta tarde ao entender que o convenio que debe rexer para a residencia de Trabada é o asinado xa no ano 2011 e máis tendo en conta que o novo texto que a alcaldesa somete ao Pleno supón un investimento maior. Os populares consideran que o convenio do ano 2011 favorece economicamente ao Concello, mentres que o novo nin tan sequera aclara a contía exacta que corresponde asumir.
Á vista do novo convenio a estimación que fai o PP achégase aos 87.000 euros anuais para o Concello, derivados do funcionamento da residencia e sen contar os custos do centro de día; un importe que co anterior convenio non existe. “Queda claro que a alcaldesa defende antes os intereses do seu partido político que os do Concello”, explican.
Desde o PP lamentan que, sendo Trabada un dos Concellos que contan co Permiso de Inicio de Actividade (PIA) outorgado pola Xunta de Galicia os so-cialistas estean a poñer paus nas rodas para demorar a súa apertura, sen ter en conta as necesidades dos veciños e veciñas potenciais usuarios do centro.
O voceiro dos populares, José Manuel Yanes Ginzo, asegura que durante o seu Goberno se fixo un investimento de 289.900 euros, sendo a posta en marcha e a xestión competencia da Deputación e agora aceptan unha proposta que trae consigo un custo elevadísimo para o Concello e que nin sequera está cuantificado na súa totalidade. “Non saben nin o que asinan”, indica.
Castroverde non asinou este convenio
Os populares aclaran que esta decisión non se sostén, como así demostra o feito de que outros concellos, como o de Castroverde, tamén gobernado polo PSOE como Trabada, decidiran non asinar o novo convenio ao entender que é prexudicial para o Concello e que as entidades locais non poden asumir os novos gastos que carrexa.
Así, desde o Grupo Municipal do PP recordan que primeiro os socialistas fixeron todos os trámites a través da Sociedade Urbanística Provincial, por ser quen ten a encomenda de xestión (incluída a construción e xestión) sobre as residencias, para despois dar un xiro inexplicable na súa acción retirándolle as competencias a Suplusa para darllas á Deputación.
Os populares de Trabada consideran que “cada día que pase” coa residencia pechada será responsabilidade de Mayra García, que como alcaldesa e depu-tada provincial está a poñer atrancos para impedir que as instalacións poidan empezar a funcionar. Lamentan que a falta de entendemento e os desaguisados internos que ten o PSOE na Deputación vaian manter paralizadas unhas instalacións nas que se investiron preto de 1,5 millóns de euros.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



