Barreiros, 6 de maio de 2018. O alcalde, Alfonso Fuente, puxo en coñecemento da Garda Civil os actos vandálicos rexistrados nas últimas horas na praia de Coto. Varias bolsas de lixo foron esparexidas polas cunetas da estrada que pasa por esa zona, así como tamén nos aparcamentos deste areal e nos aseos, que foran limpados e preparados para recibir aos participantes na concentración de motos que se estaba a celebrar no Valadouro. Arredor de 200 persoas visitaron Barreiros e tiñan previsto facer unha parada en Coto.
O rexedor contou que “hoxe sobre as once da mañá recibía unha chamada dunha persoa que ía pola estrada da praia e chamoulle a atención que había varias bolsas do lixo rotas e os residuos esparexidos polas cuneta da estrada. Chamei a un empregado municipal para que fora recollela. Ademais hoxe un grupo de moteiros, que tiñan unha concentración no Valadouro facía unha visita a Barreiros, concretamente á zona de Coto, onde estaba antigamente o complexo, e precisamente como xa me avisaran que ían estar alí para tomar un pincho o que fixemos foi unhas labores de limpeza dos baños, como eu quedara con eles, e cal foi a nosa sorpresa cando ao chegar alí os das motos avisáronme porque estaban os baños como se ven nas fotos que fixemos, cun montón de lixo das bolsas envorcadas dentro dos baños, para prexudicar a estes rapaces que ían gozar da zona das praias, parando aí e usando os baños. Pero non se puideron utilizar por este acto de vandalismo que non ten ningún sentido”.
Para Alfonso Fuente “estas cousas non teñen razón de ser e quen as fai saberá por que. Os propios participantes nesta concentración de motos, que poderían ser unhas 200 ou 250 persoas, viron como o vandalismo lles impedía utilizar os baños. Isto xa o puxen en coñecemento da Garda Civil, paseilles as fotos e xa están traballando neste tema. Isto fíxose pola noite e sorpréndenos porque non había moita xente que soubera que esta concentración de motos ía parar aí concretamente”.
O alcalde seguiu a relatar que “apareceron cinco bolsas de lixo esparexidas nos distintos aparcamentos da praia e pola beira da estrada, pero sobre todo o que se buscaba era impedir o uso destes baños que aí na praia de Coto. É unha pena porque deixa unha imaxe mala de Barreiros por culpa duns vándalos. E así o puideron comprobar todos os que se desprazaron a este areal hoxe pola mañá”.
Fuente Parga engadiu que “a Garda Civil está traballando e mañá presentarei denuncia, pero insisto en que pouca xente sabía que esta concentración de motos ía parar aí. Este dato tamén o ten a Garda Civil e traballarán, como fan sempre, para que se poida saber quen son estes vándalos, que prexudican a todo un concello e a toda a xente que traballa día a día para sacar adiante este concello. Tíñamos a oportunidade con máis de 200 persoas que calculo eu que había hoxe alí de dar unha boa imaxe. Incluso desde a organización agradecían que tiveramos iso preparado para recibilos, pero desgraciadamente pasan estas cousas que non teñen sentido e a xente que fai isto non ten nome. Ao mellor alguén pensa que prexudica con isto ao equipo de goberno, pero realmente está prexudicando a todo un concello, á hostalería de Barreiros e a toda a xente que traballa nela”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



