Lugo, 22 de maio de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, informou hoxe de que a Consellería de Sanidade outorgou unha cualificación de excelente a nove de cada dez praias da Mariña.
O delegado explicou que se analizaron as augas de 45 praias marítimas nos oito concellos costeiros da provincia “e os resultados foron moi positivos, xa que todas son perfectamente aptas para o baño e 42 delas foron cualificadas de excelentes”. Obteñen a cualificación de excelente en todas as praias os concellos de Barreiros (8 praias), Burela (4), Ribadeo (6), O Vicedo (6) e Viveiro (4).
A Consellería de Sanidade realiza controis periódicos da calidade das zonas de baño que están inscritas no censo oficial. Este programa inclúe a vixilancia sanitaria das zonas de baño mediante a inspección xeral das praias e a analítica das augas, que se realiza no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, situado en Lugo. A xefatura territorial de Sanidade remite a todos os concellos afectados a información relativa á calidade das augas do seu municipio.
Esta é unha das actuacións que Sanidade leva a cabo para garantir a seguridade dos usuarios dos baños e evitar riscos para a saúde. Cabe lembrar que tamén ten en marcha o programa Praias sen fume, co fin de evitar no posible que se fume nos areais e deste xeito “ir desnormalizando o consumo de tabaco”, segundo apuntou Balseiro.
Este ano incorporáronse oito novos espazos sen fume en zonas de baño da provincia, o que deixa a cifra total en 15. O Vicedo ostenta o récord de areais declarados, dado que suma as praias de Xilloi e Abrela e xa tiñan este distintivo as de Caolín e Vidreiro.
Tamén se unen á rede as praias fluviais do río Ladra en Begonte, a de Santa Isabel en Outeiro de Rei, A Cova no Saviñao, a do río Azúmara en Castro de Rei, a do Miño en Xustás (Cospeito) e a do Coto da Recadeira en Mondoñedo.
Xa estaban adheridas dende a pasada campaña as praias de Coto en Barreiros, A Rapadoira en Foz, Esteiro en Ribadeo, O Torno en Cervo e Esteiro en Xove, ademais das dúas citadas no Vicedo.
A campaña non ten fins recadatorios xa que, así como a adhesión dos concellos é voluntaria, tamén é voluntario o seu cumprimento para os usuarios das praias.





















A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



