Ribadeo, 10 de maio de 2018. Seguen este mes as mobilidades nas que están a participar alumnos e mestres de Apaga en varios países.
No caso dos profesores as súas saídas enmárcanse no proxecto Mejorando las aptitudes y competencias claves en la FP. Xa as houbo a Turquía, Romanía e Finlandia durante o mes de abril. Neste mes de maio varios mestres están en Croacia do 6 ao 12, en Letonia do 7 ao 14, e outros viaxarán a Italia do 21 ao 27 de maio, Dinamarca do 24 ao 31 de maio, Eslovaquia do 28 de maio ao 4 de xuño e República Checa do 4 ao 11 de xuño.
Por outra banda, Apaga continua desenvolvendo o proxecto Impulso a la Empleabilidad coa mobilidade de 20 alumnos de grado medio de electromecánica de vehículos e carrocería da familia profesional de Transportes e Mantemento de Vehículos.
Varios rapaces fixeron prácticas en abril en empresas de Italia e de Portugal. Este mes de maio catro alumnos realizan prácticas en Zagreb e tamén en Italia. Con esta última mobilidade rematan dous anos de traballo intenso no que alumnos de distintos puntos de España fixeron practicas en países de Unión Europea, baixo a tutela de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia).
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



