Xove 5-5-18. XXV Torneo Concello de Xove de ximnasia rítmica – “1ª fase do campionato provincial”
Este sábado celebrouse no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XXV Torneo Concello de Xove de ximnasia rítmica (I fase promoción provincial e fase provincial escolar de ximnasia rítmica), unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da nosa Provincia. O Torneo comezou ás 10:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, coa presencia de 11 equipos e sobre 400 ximnastas en competición: Asociación deportiva Aixa, Club Filigrana, Club Gimnasia rítmica Becerreá, Club Garvity, Club Quicela, Club Violeta, Club Ximnasia Viveiro, Club Xirandela, Escola ximnasia Areoura, Escola de ximnasia Porta Norte e Escola municipal de Xove.
Unhas 700 persoas encheron o Pavillón e gozaron con este xa tradicional campionato
Os resultados finais nas distintas fases e categorías, foron:
I FASE PROMOCIÓN PROVINCIAL LUGO
RITMICA INDIVIDUAL
CATEGORIA PREBENXAMÍN
1ª. Mai Fernández Carbajales Escola de Ximnasia Porta Norte M.L.
CATEGORIA BENXAMÍN
1ª. Ana Montenegro Teijido Club Violeta M.L.
2ª. Alba López Carnero Club Quicela M.L.
CATEGORIA ALEVÍN
1ª. Paula Rodríguez González Club Violeta M.L.
2ª. Andrea González Pérez Escola de Ximnasia Porta Norte M.L.
3ª. Laura Paleo Ramos Escola de Ximnasia Porta Norte M.L.
CATEGORIA INFANTIL
1ª. Ana Bem Montenegro Club Ximnasia Viveirio PELOTA
2ª. Susana Díaz Bedia Escola de Ximnasia Porta Norte CORDA
3ª. Abril Bassa Mora Escola de Ximnasia Porta Norte PELOTA
CATEGORIA CADETE
1ª. Inés Montero Fernández Escola de Ximnasia Porta Norte ARO
2ª. Anne Rodríguez Orol Club Gimnasia Rítmica Becerreá ARO
CATEGORIA XUVENIL
1ª. Tania Gayoso Felpeto Club Violeta PELOTA
2ª. Marta García Pérez Club Quicela PELOTA
3ª. Claudia Vázquez Sánchez Club Ximnasia Viveiro PELOTA
RITMICA CONXUNTOS
CATEGORIA PREBENXAMÍN
1º. Club Quicela M.L.
CATEGORIA BENXAMÍN
1º. Club Violeta M.L.
CATEGORIA ALEVÍN
1º. Club Ximnasia Viveiro M.L. e PELOTAS
2º. Escola de Ximnasia Porta Norte M.L. e PELOTAS
CATEGORIA INFANTIL
1º. Club Gimnasia Rítmica Becerreá PELOTAS e CORDAS
2º. Club Violeta PELOTAS e CORDAS
CATEGORIA CADETE
1º. Club Ximnasia Viveiro AROS
2º. Club Quicela AROS
3º. Club Violeta AROS
CATEGORIA XUVENIL
1º. Club Ximnasia Viveiro AROS E PELOTAS
2º. Club Violeta AROS E PELOTAS
3º. Club Filigrana AROS E PELOTAS
I FASE PROVINCIAL ESCOLAR XIMNASIA RITMICA LUGO
CATEGORIA PREBENXAMIN
1º. Club Quicela
2º. Club Ximnasia Viveiro
3º. Club Violeta
CATEGORIA BENXAMIN
1º. Club Xirandela
2º. Escola de Ximnasia Porta Norte B
3º. Club Violeta
CATEGORÍA ALEVÍN
1º. Club Filigrana
2º. Club Violeta
3º. Club Ximnasia Viveiro
CATEGORIA INFANTIL
1º. Club Ximnasia Viveiro
2º. Club Violeta
3º. Club Xirandela A
CATEGORIA CADETE
2º. Club Filigrana
1º. Club Xirandela
3º. Club Violeta
CATEGORIA SENIOR
1º. Club Xirandela
2º. Escola Ximnasia Porta Norte B
3º. Escola Ximnasia Porta Norte A
Rematada a competición desenvolveuse unha exhibición a cargo dunhas 40 nenas (o grupo das máis pequenas) da Escola Municipal de Xove de X. Rítmica.
Para rematar, procedeuse á entrega de medallas, acto no que participaron o alcalde Demetrio Salgueiro, as concelleiras de deporte, cultura servizos sociais Cristina Iglesias, Dolores Meitín e Ana Abad, o Delegado Provincial de Deportes Manolo Cadramón, o Presidente da Federación Galega de X.Rítmica José Manuel Estévez e o Provincial Antonio Álvarez.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
