O Valadouro 28-6-18. O evento terá lugar no aparcadoiro municipal a carón da piscina en Ferreira Do Valadouro.
Comezarán o día cun obradoiro de cestería pola tardiña, a partires das 17:30h, tamén no lugar da foliada, este obradoiro está incluído dentro do programa Promoción Da Artesanía da Deputación de Lugo.
E xa cara a tardiña, a partires das 20:00h comezarán as actuacións previstas para a foliada.
Este ano contan con tres grupos convidados, “Cuarteto Tradicional Illa Pancha” de Ribadeo, que actuará dentro do programa Musiqueando da Deputación de Lugo, a A. C. Osorio Gutiérrez de Lourenzá, e Tumbal Sessions con compoñentes de varios puntos da Mariña, e como non, actuarán tamén todos os grupos da asociación anfitriona, dende os máis pequeniños os máis maiores.
A partires das 00:00h haberá Foliada libre para todos aqueles que se queiran achegar e disfrutar da festa todos xuntos.
Contarán con comida e bebida a prezos populares, e sortearanse durante a noite diversos agasallos entre os presentes.
Quedan todos convidados a ir dar unha voltiña o Valadouro e a disfrutar da boa música e baile da nosa terra.
Dende a A.C. Amado Lar, agradecen a colaboración do Concello do Valadouro, Concellería de Cultura , Deputación de Lugo e de toda a xente que dun xeito ou doutro fai posible a organización de dito evento.



















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



