Barreiros, 28 de xuño de 2018. O alcalde, Alfonso Fuente, denuncia que as estradas de titularidade provincial en Barreiros están sen limpar e sen desbrozar a unhas horas do inicio da tempada de verán. O rexedor pídelle ao BNG que llo esixan aos seus socios na Deputación de Lugo, en alusión ao PSOE. Fuente Parga tamén responde ás críticas dos nacionalistas sobre a cesión do treito dunha estrada ao Concello.
O alcalde declarou que “despois de escoitar á portavoz do BNG en Barreiros, Ana Hermida, a verdade é que me quedan algunhas dúbidas, ao dicir que o alcalde de Barreiros, cando así se lle explicou no pleno, que non pedira o arranxo coa cesión da estrada que vai desde o estanco de Barreiros ata estrada que enlaza que vai de Barreiros a Trababa, porque estaba en mal estado. Quédame a dúbida de si se falará co outro concelleiro do BNG, Antonio Veiga, que foi vicepresidente da Deputación durante varios anos, e agora que non o é se dá conta de que esta estrada está en mal estado. Igual que se están dando conta doutros detalles que cando estaban no goberno parece que non se daban conta, ou cando o alcalde de Ribadeo, que tamén é do BNG, fixo o mesmo e pediu a cesión dunha estrada da Deputación na que tampouco leva aparellado o seu arranxo. Pero parece que só se ven as cousas en Barreiros e non noutros lados”.
Alfonso Fuente manifestou que “me chama a atención que saque isto cando eu lle expliquei no pleno que, ao pedir a cesión desta estrada, que non é intención ningunha do Concello pedir a cesión das estradas da Deputación e despois ter que arranxalas, era debido a que a Deputación estaba poñendo problemas para a execución dunha obra necesaria e que vai reportar bastantes ingresos ao Concello de Barreiros, cando menos 30.000 euros todos os anos. Refírome á execución do parque eólico que ten adxudicado a empresa Norvento en Penabor. Dado que a Deputación o único que facía era poñer problemas para poder pasar a liña pola beira desta estrada, se tomou esa decisión de pedila o Concello, incluso a empresa Norvento vai ser a que arranxe a estrada pola urxencia que ten da execución deste parque eólico, que vai reportar ingresos ao Concello de Barreiros todos os anos”.
O alcalde engadiu que “estean tranquilos os do BNG que isto non vai supor maior custo para os veciños de Barreiros, todo o contrario, o que vai supor é maiores ingresos todos os anos no Concello de Barreiros para disfrute de todos e todas os veciños”.
O rexedor dixo que “tamén me sorprende que, ao mesmo tempo que fan esta petición, non se acorden de pedirlle ao goberno amigo da Deputación, porque non esquezamos que o partido socialista que goberna na Deputación de Lugo, está gobernando co amparo do Bloque Nacionalista Galego, concretamente co voto dun concelleiro de Barreiros, e a estas alturas que imos empezar xullo, vemos como están as estradas da Deputación, entre elas a estrada da praia que fai uns días tanto lles preocupaba os desbroces da zona da praia. Hai que lembrar que a estrada da praia é da Deputación Provincial, e esa estrada a día de hoxe está toda sen desbrozar, igual que todas as estradas de Barreiros da Deputación, están todas sen limpar”.
Fuente Parga asegurou que “hai moitos veciños que se dirixen a min preguntándome como temos esa estrada así, e xa lles explico que non é municipal senón da Deputación, e que facela desde o Concello suporían gastos para os veciños e veciñas de Barreiros cando a obrigación é da Deputación provincial. Tamén poderían pedirlle isto xa que co seu voto amparan o goberno do Partido socialista, xa que co seu voto botaron ao Partido Popular cunha moción de censura na Deputación, agora deberían esixirlle ao seu socio de goberno que tamén fagan os desbroces e a limpeza das estradas da Deputación. Pero parece ser que iso non interesa, mírase para outro lado e parece ser que o que interesa é desviar a atención cara a unha estrada que estamos a falar que non chega nin aos 600 metros, que parte deles xa foron arranxados con fondos da Xunta de Galicia, desde o estanco ata o cuartel xa tivemos que facer beirarrúas e arranxalo porque a Deputación non o facía, cando era vicepresidente Antonio Veiga. E resulta que agora o facemos para obter maiores ingresos no Concello a través da execución dese parque eólico que xa leva uns anos adxudicado á empresa Norvento, e que lle urxe a súa tramitación, cando a Deputación o único que facía era poñer trabas e retrasos para levar a cabo o que era a canalización da liña que ten que pasar pola beira desa estrada. Ese é o motivo polo que se pediu a cesión desta estrada”.




















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



