Ribadeo, 18 de xuño de 2018. A V Feira do Libro, que organiza o Concello de Ribadeo desenvolverase do 29 de xuño ao 1 de xullo. Será inaugurada por Marica Campo e a clausura correrá a cargo de Cándido Pazó. A feira terá como base de operacións a vella oficina de turismo e a carón dela, polo paseo do parque, estarán situadas as 10 casetas dos libreiros e libreiras participantes. O concelleiro de Cultura en Ribadeo, Farruco Graña, presentou esta tarde o cartel e adiantou parte do programa de actividades. Xunto a el estiveron os responsables das Librarías Galgo e Vivín e a técnica de Cultura, Neves Paz.
Graña explicou que “xa son cinco anos, é a quinta edición desta nova fase da Feira do Libro en Ribadeo. É un pracer ver como van pasando os anos e se vai consolidando. Nesta ocasión quixemos dedicar o cartel de promoción ás pinturas de San Pedro de Arante, en especial a esa pintura que evoca a viaxe. Pensamos que era moi acaída esta imaxe porque a literatura é iso, os libros son iso, un barco no que emprender unha viaxe a todas partes, a un mundo infinito como é o da fantasía. Pretendemos combinar a nosa tradición, o noso patrimonio artístico, coa difusión da cultura do mundo dos libros e poñer en valor todo, a cultura en xeral, o noso patrimonio en particular, e dar a coñecer á xente que veña de fora e a nós mesmos lembrarnos que están aí esas pinturas e que se poden visitar de novo, que está aí ese patrimonio e que vai ser a presentación desta quinta edición da Feira do Libro, e que se vai desenvolver o 29 e o 30 de xuño, e o 1 de xullo”.
O concelleiro de Cultura subliñou que “unha cousa moi importante é que este ano a feira desprázase, vai estar no mesmo lugar, no parque de San Francisco, pero vai ter como sede de operacións a vella oficina de turismo, o que agora chamamos a Sala de Exposicións de San Francisco. Vai ser un pracer combinar a presenza dos nenos no parque coa presenza dos libros, porque nas crianzas hai que pensar no futuro como o baluarte fundamental que sosteña a nosa literatura. Os actos vanse desenvolver na sala de exposicións de San Francisco e nese paseo van estar ubicadas as casetas. Haberá presentacións de todo tipo, de novela negra, de literatura de carácter gastronómico, ademais de actividades para os nenos e nenas, e tamén algún acto especial, vai clausurar a feira Cándido Pazó coa súa especial habilidade para contarnos historias de sempre”.
O edil ribadense engadiu que “hai unha actuación especial que se vai desenvolver o sábado 30, pero de momento é unha sorpresa e temos que agardar. Ao longo desta semana xa se presentará formalmente porque é unha combinación de esforzos entre distintas administracións que deron lugar a unha actuación moi singular na que combinaremos música, literatura e a tradición galega e americana. Unha feira na que vai estar presente tamén a nosa gran festa de verán, o Ribadeo Indiano, de feito os días antes inaugurarase unha exposición na Sala de Turismo sobre o Ribadeo Indiano. Trátase de que entre todos, os distintos departamentos do Concello e os distintos ámbitos da sociedade, nos reforcemos mutuamente para promocionar unhas e outras festas, uns e outros actos que desenvolvemos ao longo do verán”.
Farruco Graña declarou que “tamén van colaborar con esta feira do libro, como de costume, están as diferentes librerías que nos acompañan sempre, en concreto o Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo, Librería Anticuaria Galgo, Portobello Market, Librería Vivín, Librería Gráficas Santiago, Librería Pícaros Mundi, Librería Bahía, e como stands que veñen doutras vilas e cidades, Librería Nobel, Editorial Canela, Editorial Embora e Editorial Bululú. Todos eles van encher de libros o noso parque, todo tipo de libros de todo tipo de xéneros cunha clara presenza do libro galego, pero aberta a todas as achegas tanto da literatura española, como asturiana e doutro orde. Ademais contamos coa colaboración do grupo de teatro da Pontenova que nos vai representar unha pasaxe de A horta das cerdeiras, que amenizará o comezo da feira do libro. A prologuista vai ser Marica Campo, veciña e amiga nosa da Terra Chá, de Vilalba, que vai dar lugar ao comezo da Feira do Libro”.
O edil quixo “convidar a todos os que amen a literatura e as letras a achegarse ao parque de San Francisco para gozar da quinta edición da Feira do Libro de Ribadeo”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



