Ribadavia, 13 de xuño de 2018. A Denominación de Orixe Ribeiro vivirá o martes 26 de xuño a 7ª edición os seus Premios D.O. Ribeiro, nos claustros do Mosteiro de San Clodio (Leiro-Ourense).
Neste evento anual recoñécese a profesionalidade nos establecementos galegos que axudan á difusión do mundo do viño, polo que se conceden galardóns en tres categorías específicas, outorgados polas adegas que pertencen á Denominación.
Na categoría de “Mellor tenda especializada – Viñoteca” son candidatos: O Lagar (Burela), Juncal Alimentación (Pontevedra), e La tienda de Lino (A Coruña).
Os finalistas na categoría de “Mellor servizo de viño en restaurante” son: Paprica (Lugo), La casa de las 5 puertas (Pontevedra), e Bacelo Taberna Vinaria (Ourense).
Por último, para “Mellor taberna – Bar de viños”, os aspirantes son: Baraciña (Vigo), Artesana (Santiago),e Tamarindo (Ourense).
Ademais, un panel profesional de cata será o encargado de recoñecer aos mellores viños brancos, de adega e de colleiteiro, e tinto da Denominación de Orixe con máis historia de Galicia.
Durante o evento tamén se entregarán os premios honoríficos que recoñecen a traxectoria de distintos profesionais.
César Lumbreras, responsable de Agropopular na Cadena COPE, recollerá o premio “Persoeiro de Honra”; o xornalista Víctor de la Serna recibirá o galardón que recoñece a “Mellor tarefa de comunicación”, e Sonia Prince de Galimberti será galardonada co premio “Muller e viño”.
Lumbreras dirige y presenta desde 1984 el programa Agropopular de COPE, espacio semanal de información agraria de referencia. Mercados agrícolas, la incidencia de la Política Agraria Común en el sector, los problemas del campo, consejos útiles… son algunos de sus argumentos habituales. Además, Lumbreras ha colaborado con distintos medios como El País, ABC o, actualmente, La Razón.
Víctor de la Serna Arenillas, integrante dunha saga de xornalistas, ten unha extensísima traxectoria xornalística e actualmente é columnista en El Mundo. Ademais de noutros campos, leva escribindo sobre gastronomía e viños en distintos medios dende hai máis de tres décadas, aínda que o seu nome está especialmente ligado a Elmundovino, do que foi impulsor e é director adxunto.
Sonia Prince de Galimberti é a presidenta da Asociación de Mujeres Amantes de la Cultura del Vino – AMAVI. Esta entidade nada en 1996 busca aproximar a cultura vinícola ás mulleres, ao mesmo tempo que supón un alicerce para apoiar o seu traballo. Ademais é, xunto ao seu marido Massimo de Galimberti, co fundadora do club Vinoselección.
Sobre a Denominación de Orixe Ribeiro
A Denominación de Orixe Ribeiro é a máis antiga de Galicia, oficialmente protexida no ano 1932, e unha das máis antigas de España. Actualmente está conformada por 115 adegas situadas nos vales formados polos ríos Miño, Avia e Arnoia, no noroeste da provincia de Ourense.
A D.O. Ribeiro ten unha extensión de 2.232 hectáreas de vide situadas nos concellos de Arnoia, Beade, Boborás, Carballeda de Avia, Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Ourense, Punxín, Ribadavia, San Amaro e Toén. Un territorio de grande diversidade vitivinícola onde traballan uns 5.800 viticultores.
A D.O. Ribeiro produce viños brancos e tintos xenuínos con variedades autóctonas locais: Treixadura, Loureira, Sousón, Brancellao… Así como o Tostado do Ribeiro, un viño naturalmente doce de longa tradición na zona que data do século XIX.
A produción da colleita 2017 na Denominación de Orixe foi de 9,5 millóns de quilos de uva. O 92% da produción total é de viño branco e o 8% de viño tinto.


















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



