O Estado autonómico está esgotado pola continua recentralización dos últimos dezaoito anos, agravada pola implosión do 155. Precisamos dunha solución federal, máis na liña da pluralidade e asimetría, canadiana, australiana, suiza ou USA ca na liña do federalismo cooperativo alemán.
Esta solución federal ten de acoller a plurinacionalidade española, a mesma que recoñecen teóricamente, en maior ou menor grao, os 180 deputados que investiron Pedro Sánchez. O que implica a súa esencial asimetría e a introdución na gobernanza española de elementos confederais, de áreas absolutamente exentas da máis lene intervención do Estado central. Estas áreas han ser as políticas lingúísticas (para garantirmos a igualdade real do galego, catalán e euskera co castelán que hoxe non existe), culturais e educativas, o Dereito Civil e máis a organización territorial e réxime local.
Nas políticas económicas e sociais as Administracións hoxe autonómicas e as locais han monopolizar a xestión e a execución, constituíndo a Administración única. No caso de Galicia é esencial o traspaso dos portos e aeroportos hoxe de interese xeral, das autoestradas AP-9 e AP-53 e da rede viaria e ferroviaria toda. O Estado ha de se centrar só en determinadas políticas comúns, resignando progresivamente as de defensa e diplomáticas na Unión Europea.
Este federalismo ha ser competitivo. A progresiva transferencia da recadación fiscal é inevitábel O Estado habería garantir a nivelación básica dos distintos servizos, mais o autogoberno dos distintos territorio sería real e súa a decisión dos servizos que escollen para dotarlles dunha calidade superior á media. A concorrencia entre territorios haberá minorar a tendencia á recentralización económica que levou á comunidade autònoma de Madrid a un PIB do 139% estatal dende un 113% no 1980, amosando o fracaso redistributivo do Estado autonómico.
É verdade que a maioría absoluta do PP no Senado e máis a oposición do deep state que vertebra a Coroa e inspira o capitalismo castizo do BOE dos sectores regulados do IBEX 35 dificultan moi grandemente esta precisa evolución xurídico-política. Mais o mero feito de prantexarmos e debatermos esta caste de solucións no canto das choromicadas dependentistas do PPdeG ou dos extremismos neocentralistas de Vox ou Ciudadanos suporá xa un avance.





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



