Ante a vindeira inauguración (¿) da nova Residencia de Anciáns, cuxa construcción leva un par de anos rematada, ofrecemos aos lectores unha lembranza histórica da que foi a primeira etapa desa obra social que, o matrimoinio Martínez-Otero, deixou en herdanza ó noso pobo, formando parte do seu valioso legado. Rexentado de 1933 a 2009 polas Hermanitas dos Anciáns Desamparados,o cronista foi testigo da labor humanitaría, de traballo, esforzo, dedicación e entrega; en razón da mais preta veciñanza e relación, durante os primeiros vintecinco anos da súa vida.
É coñecida a identificación dos focegos con aquela Casa, da que sempre nos sentimos orgullosos; e de cómo, en xeral, as nosas xentes se volcaron na axuda material e moral. De feito a vida, os avatares, os personaxes que por alí pasaron; os aconteceres, ledos ou tristeiros; todo formou parte da historia local.E o edificio, mais que nunca apreciada a súa situación e a beleza da planta, coa ampla horta e os xardíns que a frontean foi e segue a ser un símbolo, humano e urbanístico, que nos prestixa mesmo nestes tempos, anquiladores de tales valores.
O ano 1943 – 4º Año Triunfal, según a dialéctica oficial;tempos de profunda miseria, de fames e de tódalas carencias, o concello instalou unha tómbola con fins benéficos, a resultas da que se obtivo un beneficio de 300 ptas. que se repartiron a partes iguais entre: Asilo de Anciáns, “para socorro dos pobres asilados”; Auxilio Social, “para nenos pobres atendidos polo mesmo” e Acción Católica, “para contribuir ó almorzó dos nenos do Catecismo”.
Non temos constancia de posteriores aportacións ata os anos setenta, excepto algúns que seguirán no anonimato, por vontade expresa dos doantes.
Os tres capítulos anteriores foron os titulados: “Os Martínez Otero . Filántropos” (I); “Construcción e Inauguracioón do Asilo” (II) e “Sor Paz, un Anxo, en Foz” (III).
Vindeiro Capítulo (V):” O concello e o Asilo”.





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



