Titúlase “Auga. O sangue da terra” e estará aberta ao público na vila focense do 4 ao 29 de xullo. No acto para a firma do convenio, celebrado na Casa do Concello focense, estiveron a coordinadora da Área de Relacións Institucionais de Afundación, María Verónica Rego López; e o coordinador institucional de Abanca para Lugo e Ourense, Alberto López Sánchez.
