Mondoñedo, 18 de xuño de 2018.- O Goberno local e a cadea de restauración Galipizza, que acaba de cumprir 25 anos, chegaron a un acordo de colaboración para incorporar nas súas referencias, a partir deste xoves, produtos da Horta de Mondoñedo. En concreto, este xoves 21 de xuño haberá unha edición especial na que todos os Galipizza de Galicia incorporan ao seu ‘Xoves de tapeo’ dúas novas referencias con alimentos da Horta de Mondoñedo; unha hamburguesa e unha pizza.
Unha delas será unha pizza de segredo de porco con verduriñas da Horta de Mondoñedo; e outra unha Galizbur de vaca cachena con produtos da Horta de Mondoñedo. Esta oferta inclúe berenxena, calabacín, tomate e leituga.
A colaboración estenderase ao longo de todo o ano e Galipizza irá sumando os diferentes produtos da horta segundo a temporada. Tamén se valorará, en función da aceptación desta nova oferta gastronómica, a súa inclusión permanente na carta de Galipizza.
Estes produtos poderán degustarse nos restaurantes que a cadea lucense ten en Viveiro, Ribadeo, Culleredo, Santiago, Vigo e A Coruña.
A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, agradece a boa disposición de Galipizza e a posibilidade que lle brinda á localidade de seguir promocionando e distribuíndo os seus produtos.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



