Viveiro 5 de Xuño de 2018. Esta exposición é a terceira das actividades programada pola asociación Tá en artes en homenaxe ó escultor mindoniense. Nesta ocasión, máis de 720 alumnos/as e 31 profesores/as, levan traballando todo o curso partindo da idea da Escultura como referencia e o patrimonio como resultado, a partires da figura de Juan Puchades Quilis. Máis de 72 esculturas dos once centros escolares da Mariña que participan nesta mostra poderase ver no CENIMA en horario de 10 a 13 horas e de 19 a 21 horas ata o 17 de Xuño , nesta data, entregaranse os premios do 1º certame de arte plástica Juan Puchades Quilis repartidos para os catro niveis de ensino : Infantil, Primaria Secundaria e Bacharelato e que serán entregados por Elena Candia alcaldesa de Mondoñedo en compañía do propio homenaxeado o escultor e mestre Juan Puchades Quilis.
Dende Tá en artes queremos invitar á comunidade da Mariña a visitar a exposición, para admirar o traballo e nivel de reflexión da comunidade educativa ó redor da reflexión da escultura e patrimonio. Queremos agradecer ós once centros participantes : ASPANANE (Viveiro), EEI San Roque (Viveiro), CEIP Plurilingüe Vista Alegre (Burela), CEIP Álvaro Cunqueiro( Mondoñedo), CEIP Fondo Noís (Foz), IES San Rosendo (Mondoñedo), IES de Foz, IES Monte Castelo ( Burela), IES Vilar Ponte ( Viveiro), IES Dionisio Gamallo Fierro(Ribadeo), e IES Alfoz-Valadouro, o esforzo e traballo realizado para esta mostra en especial ós/ás alumnos/as e profesores/as que expoñen. Lamentamos non poder editar a revista prevista cos traballos e memoria correspondente ante a imposibilidade de seres sufragada pola Deputación Provincial como no seu momento estaba previsto.