Cervo, 18 de xuño de 2018.- A edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, afeoulle ao PSOE de Cervo “que tente confundir á veciñanza ao difundir uns prezos do Centro de Día Residencia que non se axustan para nada á realidade”.
Non sabemos que obxectivo persegue o voceiro deste grupo xogando así ao despiste “cremos que é un xesto irresponsable enganar aos potenciais usuarios cun tema tan importante”; sabendo como sabe, ademais, que “a oferta económica da empresa que resultou adxudicataria do servizo presenta unhas tarifas que van desde os 990 aos 1.320 euros (IVE incluído), en función do grao de dependencia dos usuarios”. En ningún caso –recalcou- os beneficiariarios deberán abonar 1.500 euros, como apuntan, consciente e erroneamente, desde o PSOE.
Armada recordou, así mesmo, que este infraestrutura social está pensada e dirixida para toda a veciñanza do Concello de Cervo, que terá prioridade de acceso, e recordoulle ao voceiro do Partido Socialista “que o modelo de servizo público autonómico de axudas sociais que se aplica a día de hoxe é, aínda que mellorado, o mesmo que cando gobernaba o bipartito”. A concelleira criticou tamén a falta de pudor dos socialistas que “teñen o descaro de falsear cifras e datos sobre un servizo que vai entrar en funcionamento nos vindeiros días grazas ao esforzo económico da Xunta de Galicia do Partido Popular e do goberno municipal”, e recordoulles que “o PSOE non mobilizou nin un só euro para a esta residencia tan importante para para todos os cervenses”.
Armada quixo poñer así mesmo no seu coñecemento, que se a Deputación Provincial dispón unha partida de axudas dirixida aos usuarios deste tipo de centros, por suposto que desde Cervo imos sumarnos e solicitala, porque non se entendería ningún tipo de discriminación nesta materia, “todos os cidadáns gozamos dos mesmos dereitos, e por tanto defendemos a equidade tamén ante calquera tipo de axuda pública”.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



