Recén chegados da ruta de xullo a Somiedo, para realizar o percorrido “Braña de Murias Tsongas e Valle de Lago”; a Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” presenta o cartel da ruta de agosto, que cada ano fai coincidir co seu “Día da Asociación”. Será o domingo, 5 de agosto, antes do xantar e a tarde de confraternidade na área recreativa de A Cazolga. Escóllese unha camiñata que os levará a percorrer o Concello dende o sur ata o norte. Comezando no Val, concretamente no Pazo de Tovar, para chegar ata a capitalidade, Santa María; e finalizar no entorno de A Cazolga. O trazado é de dificultade baixa cun total de 12 kms.
a Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” presenta o cartel da ruta de agosto