Foz, 31 de xullo de 2018. A explanada portuaria acollerá unha nova edición de Foz Market do 15 ao 19 de agosto. Nesta cita haberá festival de food trucks, salón do automóbil, actividades infantís e concertos musicais. A feira está organizada por EsMarket coa colaboración de ACIA/CCA Foz e do Concello de Foz.
Ángel Rojo, representante de EsMarket, anunciou que “este año contaremos con 12 o 14 food trucks con gran diversidad gastronómica. Habrá comida mejicana, peruana, asturiana, gallega, japo, propuestas gourmet, etc… con preparaciones que solo puedes degustar en las food trucks, de ahí el éxito cosechado en las ediciones anteriores”.
En Foz Market haberá tamén salón do automóvil con diferentes marcas de vehículos, “que trae a Foz un ano máis o Grupo Breogán, que virá con coches eléctricos, híbridos e tamén vehículos quilómetro cero, que suscitarán a atención dos amantes do mundo do motor”, explicou José Carlos Paleo, presidente de Acia/Centro Comercial Aberto de Foz.
Rojo tamén relatou que “contaremos con una amplia zona infantil en la que se desarrollarán diferentes actividades infantiles y espectáculos para los niños y niñas por las tardes. De esta programación se encarga la empresa IG10. Y por las noches a partir de las 22 horas habrá conciertos en vivo y en directo para amenizar las veladas de Foz Market”.
No acto de presentación de Foz Market participaron o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, e o presidente de ACIA/CCA Foz, José Carlos Paleo, que animaron “á xente a acudir a esta feira para gozar da gastronomía, das actividades para os máis pequenos, dos coche, dos concertos… en definitiva é unha cita para pasar unhas horas de ocio, de xeito gratuíto, no noso pobo”.
Paleo subliñou que “desde o stand do Centro Comercial Aberto e do Concello de Foz promocionarase o Entroido focense”.
A entrada a Foz Market será gratuíta. O acto de presentación do evento tivo lugar hoxe no Concello. Alí estiveron José Carlos Paleo, Javier Castiñeira, Ángel Rojo, e Ibán García, de IG10.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



