Cervo 14-7-18. O grupo A Rebolaxe organiza a V Foliada Nordestía esta fin de semana, coa colaboración do Concello de Cervo.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron a cita cunha representación do ente organizador.
O venres, 20 de xullo, a partir das 19:30 horas, terá lugar o Festival Folklórico Infantil cos grupos Mistura (San Ciprián), Amado Lar (Ferreira do Valadouro), Saíñas (Xove), Bágoas da Terra (Viveiro) e Arco da Vella (San Miguel de Reinante).
Ás 22:30 horas será a quenda do Serán da man dos anfritrións A Rebolaxe, Tombal Sessions, Airiños do Xunco e Ledicia.
Ás 00:00 horas será o concerto dos Viqueiras e a continuación foliada libre.
O sábado, 21 de xullo, ás 12:00 do mediodía haberá Cantos de Taberna cos grupos A Rebolaxe, Os Misturos, Os Sobraos, Os do 21, Buxos Verdes, Pandereteiras de Andrade, Airiños do Xunco e Ledicia. Será nos locais participantes: El Puerto, O Pedregal, O Pulgas, Maruxaina, Terraza O Noso Lar, Terraza Torno Beach, O Faro, Nordesía, Titas, Camarote, Pizzería O Trasgo, Mesón da Ría e Mesión A Cosecha.
Ás 15:15 horas está prevista unha comida popular na carpa do muelle a base de empanada, ensaladilla rusa, polo asado con patacas, viño, auga e postre; por un prezo de 10 euros con compra de ticket anticipada ata o 19 de xullo na Terraza O Noso Lar, Bar O Faro, O Pedregal, O Pulgas, na oficina de Turismo na Casa da Cultura e na carpa ese mesmo día desde as 12:00 horas.
Ás 20:30 horas, terá lugar o Festival Folklórico Nacional cos Grupos Mistura de Lieiro, Ciudad de los Amantes (Teruel), Grupo de Danses La Xicalla (Valencia) e o Grupo Folklórico Ocle (Asturias).
Ás 23:00 horas será a actuación de Turuleque e a continuación Pan de Capazo.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



