Burela 29-6-18. A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR), continuando coa súa fructífera actividade, instalarase o vindeiro martes día 3 de Xullo na entrada principal do Hospital da Mariña. O horario será o habitual , de 11 a 13 horas.
Como xa é coñecido pola meirande parte das mariñás e mariñaos, esta unidade móbil consiste nunha mesa na que se informa a profesionais, usuari@s e colectivos diversos das dúbidas que teñan en materia de tempos excesivos de agarda, derivacións etc, así como tamén presta axuda a quen precise facer unha reclamación, tanto na súa redacción coma na súa presentación no rexistro ou a difundila na prensa.
Cada día aumenta o número de persoas que se achegan ate estas mesas demandando información ou solicitando que lle fagamos unha reclamación, constatándose que a UMAR está plenamente instalada na Mariña como un instrumento de axuda aos problemas sanitarios da comarca.
A Plataforma Sanitaria informa tamén que durante os meses de xullo e agosto non haberá UMAR nos Centros de Saúde , retomándose novamente no mes de setembro. Mantéñense as convocatorias no hospital nos meses de xullo e agosto .