Os rapaces fixeron unha ruta a pé ao longo do sendeiro azul con varias paradas para facer debuxos en acuarela dalgunhas das paisaxes. Con todos os debuxos realizaron un mural que quedou exposto na praia”. As monitoras de Gaia explicaron que “con esta actividade preténdese gozar do contacto directo co medio ambiente, desenvolver a súa capacidade perceptiva e desenvolver a conciencia ecolóxica e respectar e valorar o medio natural”. Na actividade colaborou de maneira voluntaria Adri Pardo, pintora que actualmente se atopa realizando o doutorado en Belas Artes pola Universidad Politécnica de Valencia.
