Cervo 31-7-18. Desde a Asociación de Mulleres Rurais, As Espalladoras, queremos agradecer a todas as persoas que colaboraron de xeito totalmente altruísta, a todos os músicos, artistas e, como non, a todo o público que compartiu con nós a III Edición de Gadélica Sargadelos.
Sen todos eles e todas elas sería imposible a celebración deste Festival que organizamos con tanto cariño para toda a veciñanza de Cervo e para todas as persoas que se animan a visitarnos.
Queremos destacar, por enriba de todo, o bo ambiente que se viviu durante estes tres días de música, e poñer o foco no respecto ambiental e para coa contorna que promove o público de Gadélica, todo un exemplo de civismo que queremos reseñar, e que forma parte da esencia deste Festival desde a primeira edición que se celebrou.
Reiteramos as Grazas a todos e a todas.
Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, organizadoras de Gadélica Sargadelos.