Viveiro 9-7-18. A Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e a Subdelegada do Goberno na provincia de Lugo, Isabel Rodríguez López, presidiron hoxe a Xunta Local de Seguridade que se reuniu na Casa do Concello e que, entre outros asuntos, aprobou o dispositivo de seguridade que se porá en marcha con motivo da celebración do Resurrection Fest 2018.
A Alcaldesa destacou que “tivemos o placer de que presidira esta xuntanda a nova Subdelegada e na reunión de hoxe démoslle prioridade aos temas de seguridade do festival que xa está traendo xente nestes días a Viveiro e agardamos que, un ano máis, se desenvolva con total normalidade”.
A Subdelegada do Goberno na provincia explicou que “traballamos coa máxima colaboración para garantir que este evento se celebrará con tranquilidade, para nós o primordial é asegurar a seguridade das persoas, tanto dos vivairenes como os que veñan de fóra nestes días para disfrutar do festival”.
No plan de seguridade aprobado hoxe, para garantir que o evento discorrirá con total tranquilidade e sen incidencias, colaborarán as Policías Local, Nacional e Autonómica, a Garda Civil e os servizos de emerxencia, Bombeiros e Protección Civil, así como a organización do Resurrection Fest, No festival, que se celebra en Viveiro do 11 ao 14 de xullo, agárdanse unas 85.000 persoas.
Todos os corpos de seguridade e servizos de emerxencias reforzaranse para atender posibles incidencias e realizarán controis tanto nos accesos como no recinto.
A Policía Nacional contará co apoio de persoal a cabalo e guías caninos procedentes da Coruña. A Garda Civil, pola súa parte, tamén colaborará no dispositivo de seguridade e o Subsector de Traico ocuparase de regular a circulación nas vías de acceso a Viveiro, ademais de realizar controis preventivos de alcol e drogas. A colaboración da Garda Civil completarase coa participación dos efectivos do Servizo Marítimo que manterá atracada a súa patrulleira no peirao de Celeiro. O Parque de Bombeiros manterá unha dotación dedicada exclusivamente a atender o festival e Protección Civil colaborará con equipos que oscilarán entre 10 persoas, o mércores, e 30 na xornada do sábado.
A Policía Local manterá en funcionamento o seu dispositivo desde o mércores ás 8 da mañá ata o domingo ás 15 horas. En canto ás restriccións ou cambios de tráfico previstos son os seguintes:
rúa Lavandeiras, en Celeiro, o treito que discorre desde a antigua conserveira de Alonso ata a Confraría de Pescadores pasará a convertirse en vía de doble sentido de ciruculación desde o mércores ás 8 horas ata o domingo.
Avenida de Ramón Canosa-treito entre a LU-862 (estrada de Ribadeo) e o cruce a piscina municipal: este treito pecharase completamente ao tráfico o mércores desde as 17 horas ata o remate do concerto (sobre as 3 horas), e o xoves, venres e sábado desde as 13 horas ata o remate dos concertos (aproximadamente as 5 horas)
Estrada LU-862 (estrada de Ribadeo): haberá desvíos puntuais de tráfico de noite, sobre todo no horario previo ao remate do concerto, na gasolineira de Celeiro (o tráfico desviarase pola estrada vella LU-102 cara a Viveiro) e na Glorieta próxima a Comisaría da Policía Nacional
A Policía Autonómica tamén montará un dispositivo especial con motivo do Resurrection Fest, neste caso centrado na prevención do consumo de alcol por menores de idade.
O desplegue que realizarán os distintos corpos e forzas de seguridade completarase coas medidas de que desenvolverán os propios organizadores do Festival, das que deron conta tamén na Xunta Local de Seguridade. A organización disporá dun servizo de seguridade privada composto por 120 persoas dentro do recinto, que cubrirán todas as salidas e ten previsto montar 15 canais de acceso con persoal en todos os pasos.
Segundo avanzaron na Xunta Local de Seguridade os organizadores, o recinto abrirase o mércores ás 17 horas e o resto dos días ás 13.30-14 horas. A apertura de portas será sempre unha hora antes do comezo de cada espectáculo.