22 de xullo de 2018. O Goberno da Deputación aprobou as axudas de 45.000 euros para pilotos de rali da provincia, que permitirán ofrecer 25 bolsas, das cales 2 estarán reservadas para persoas con capacidades diferentes. Así o avanzou Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, que informou que o Goberno da Deputación aprobou en Xunta de Goberno estes fondos cos que o Executivo Provincial busca promover a actividade deportiva de pilotos lucenses.
As axudas terán unha contía mínima de 400 euros e máxima de 7.000 euros. Son de concorrencia competitiva. Están dirixidas a pilotos lucenses, federados e que participasen no 2016 nun mínimo de dúas probas organizadas polas federacións nacional ou galega de automobilismo.
Poderanse sufragar gastos federativos da actividade competitiva, gastos de inscrición para competicións ou probas oficiais, gastos pola compra ou aluguer do vehículo de competición, gastos de transporte do vehículo e material de competición, así como gastos da adquisición de pneumáticos do vehículo.
A concesión estas axudas rexerase en base a criterios obxectivos e sociais, deste xeito, terase en conta o palmarés, o ránking oficial e a participación en probas federadas. Valoraranse positivamente as solicitudes de pilotos con capacidades diferentes, as de mulleres piloto e as de pilotos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.
Nas vindeiras datas, os interesados poderán atopar toda a información sobre estas axudas e o modelo de solicitude na www.deputacionlugo.gal. Deben presentar a documentación no Rexistro Provincial ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das institucións públicas.























Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
