Cervo 28-7-18. As Vodas Meigas terán lugar o sábado 4 de agosto, e se enmarcan dentro do programa de actos da XL Queimada Popular, que se celebrará o 18 de agosto.
A iniciativa está organizada pola Asociación Airiños do Xunco, en colaboración co Concello de Cervo, e o ritual do casamento será realizado polo druida Aneiros.
O programa a celebrar na Praza do Souto é o seguinte:
10:00h. Instalación de postos de mercadorías de artesanato
12:00h. Festa do Xamón Cocido
18:00h. Pasarrúas e Ronda polos bares da zona a cargo do grupo de corda pulsada Troyanos de Compostela
20:00h. Expresarte, actuacións musicais e de divertimento
21:00h. Representacións teatrais
23:30h. Celebración das Vodas Meigas na Praza do Castrón (Praza do Souto)
24:00h. Cea Meiga na Pousada O Almacén. Menú: caldo meigo, lomo con pócema de champiñóns, requeixo e queimada. Prezo 25 euros.
02:00h: Foliada aberta nos locais da zona
Para poder participar nas Vodas Meigas, somentes é preciso inscribirse. As parellas deberán vir vestidas de época; as mozas de meiga (a gusto persoal) e os mozos cunha indumentaria propia dos séculos XVI ao XIX ou similar. Ás parellas participantes entregaráselles un documento acreditativo da cerimonia, que caducará na notie de Walpurgis do ano seguinte. A participación na festa está aberta ao público en xeral e anímase a todas as persoas asistentes a que se vistan de época.
As persoas interesadas en participar na cea deberán reservar praza previamente, e tamén teñen que ir vestidos de época.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



