Con catro anos de traxectoria, Terra Branca quere recordar así eses intres memorables con este libro de sinaturas no que quedarán plasmadas as dedicatorias de ceramistas, escultores, pintores ou xornalistas, entre ootros.
O prazo de presentación de candidaturas finalizará o día 10 de xuño ás 17:00 horas. Ese día celebrarase asemblea xeral de socios do club -ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda- en cuxa orde do día estará a elección de presidente/a de o Ribadeo FC. Os interesados en presentar candidaturas deben dirixirse aos directivos Pedro Pousada (622.50.30.98) ou Víctor López (660.94.79.65).
Será ás 18:30 horas, no local social da asociación de Xubilados Terramar. Está dirixido á poboación en xeral, e nesta ocasición a temática xirará en torno á xestión emocional, ao envellecemento activo e á importancia da contorna. Estas sesións están dirixidas por María José Novoa (Traballadora Social e Coach) e Sonia Nogueiras (Psicóloga).
Deu comezo o sábado co pregón pronunciado por Roberto Rodríguez, e seguiu este domingo co bandeo do pendón e o cuarto xantar de irmandade, entre outras actividades. Ata a Ponte de Arante se achegaron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, os alcaldes de Ribadeo e de Trabada, Dani Vega e Rubén García, concelleir@s ribadenses, deputados provinciais e autonómico, e senador por Lugo, así como ducias de veciñas e veciños das 7 parroquias de Ribadeo e Trabada, que lembran deste xeito unha data histórica.
Está situado no Parque Rosalía de Castro e o kiosko da Praza da Mariña, decorado por voluntarias e voluntarios do Club de Lectura da vila.
A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes celebra un ano máis a Reunión de Primavera. Desta volta repasando o "Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario" e rendendo homenaxe a todas aquelas persoas que dedicaron a súa vida profesional á extinta Extensión Agraria. A xuntanza será os vindeiros 24 e 25 de maio no CFEA Pedro Murias en Ribadeo. Para reservar praza e comida hai que inscribirse no correo sgpf.galicia@gmail.com.
Durante case dúas horas despedíronse do que foi o seu centro durante tantos anos e recordaron ao seu profesorado así como as anécdotas máis divertidas. Houbo tempo para a música, o cante e ata un xogo de kahoot con preguntas para os titores. Remataron o acto cunha cea de confraternización. Non faltou ao día seguinte a benvida ao alumnado ás nove da mañá.
Con motivo desta celebración, achegouse ao seu domicilio a alcaldesa, Efigenia Maseda,
como representante do Concello, para agasallalo cunha cesta de diferentes produtos e
flores. A rexedora afirmou que “dá gusto ver a veciños con tanta experiencia e gozando de boa saúde”.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital