Burela 2-8-18. É unha realidade que en Burela vimos asistindo á proliferación de niños de velutina en edificios e zona periurbana. As redes sociais son un bo térmometro de esta situación, mais a resposta do Concello é nula. Derivan ós veciños ó 112, e o problema persiste.
O Concello de Burela de pouca extensión e moi urbano prestase para unha total eliminación da influenza da velutina, mais cómpre unha xestión coordinada e que o propio Concello, que ten medios actúe.
Temos unha agrupación de protección civil e temos medios de traballo en altura ademáis dunha dotación de policia local. Polo cal pedimos ó Concello que diante da deixadez da Xunta tome medidas de formación e de traballo real.
O que fai o Sr. Llano e o seu equipo bate de fronte coa Lei 2/1985 e a Lei 17/2015 facendo unha clara deixadez de funcións, por outra banda non sorprende xa que é a tónica xeral de esta equipa de goberno.
Por elo dende CxG Burela solicitamos a posta en marcha dun equipo municipal de loita contra a velutina, formado e efectivo co gallo de evitar males maiores e disgustos, xa que se observa a presenza de velutina en numerosos edificios da vila.
Botar balóns forá e esperar que outro solucione o problema non é capacidade de xestión, mais é a forma de actuar do alcalde conservador de Burela.