Foz 1-8-18. As xornadas de historia local fecharanse finalmente o xoves 2 de agosto ás 20:30 cunha mesa redonda no salón de actos da Casa da Cultura “Poeta Manuel María” de Foz, onde participarán diversos focegos que desenvolveron a súa actividade profesional como carpinteiros de ribeira. A mesa redonda, conducida por un membro da asociación cultural A Pomba do Arco contará coa participación Santiago Pérez, Pedro Fraga, Carlos Villarino, Alfredo Sixto, Ramón Cuadrado, Alfonso García e Juan Necega, cubrindo o período da construción naval en Foz desde 1942 até os nosos días. As persoas que estarán presentes nesta palestra son só unha representación significativa dunha actividade que chegou a ocupar moitas persoas na nosa vila, sendo un exemplo disto os estaleiros de Juan María e do seu fillo Suso, de Santiago da Puebla, dos Morenos, de David ou de Cesar Beltrán. A mesa redonda ten o obxectivo de perpetuar e homenaxear unha profesión cunha longa tradición na vila, até o punto de aparecer reflectida esta actividade nas crónicas do licenciado Molina a comezos do século XVI.
A tradición da construción naval no concello de Foz remontase á Idade Media. Aínda así, a primeira documentación procede dos séculos limiares da Idade Moderna, sexa nun caso a Descripción del Reino de Galicia do licenciado Francisco de Molina editado en Mondoñedo en 1550, noutro nos estaleiros que funcionaron en Fazouro ao longo do século XVI. Os estaleiros de Fazouro están ligados ao desenvolvemento da actividade baleira na zona, sendo os seus propietarios os Moscoso, a familia que actualmente detenta o Condado de Fontao, que naquela altura eran copropietarios do orto de Nois, unha das grandes bases baleiras do concello canda o porto do rego de Foz. A actividade naval en Fazouro estaba situada na zona de Santo André, conservándose a día de hoxe unha imaxe da capela do antigo estaleiro na ermida do Pazo de Fontao.
A construción naval recibirá un grande empuxe en Foz ao longo do século XX a consecuencia dunha activación da actividade pesqueira pero tamén de cabotaxe no porto de Foz. Á volta de 1918 nos estaleiros que funcionaban na Espiñeira , propiedade da familia Barbeito botaranse diversos buques, converténdose nun autentico fito social a posta no mar do “Espiñeira Mondoñedo” e o “Electra del Masma”, propiedade dos empresarios de Vilaronte Xosé Reimunde e Damián López, dedicados a actividade de cabotaxe. Aínda así, o autentico pioneiro e peza chave da carpintería de ribeira na primeira década do século XX será Xoán María Necega, primiero no seu estaleiro da Fonte, posteriormente na estrada, onde hoxe se sitúa Fricost, e despis outra vez na Fonte. Xoán María Necega un autentico autodidacta na fabricación de embarcacións, persoa de capacidades excepcionais, actuaría ao tempo como un auténtico mestre para futuras xeracións de carpinteiros de ribeira que se formarían con el.
A asociación cultural A Pomba do Arco, con esta mesa redonda coa que se pon fin as XXIII xornadas de historia local, quere recuperar a memoria dos carpinteiros de Ribeira. Se ben a actividade a día de hoxe está restrinxida na práctica a só un estaleiro, a tradición dos carpinteiros de ribeira debe ser preservada, garantido a memoria das súas técnicas de traballo, deixando constancia dos seus útiles e ferramentas, preservando a súa linguaxe, gardando a lembranza dun traballo de grande dureza que requiría de importantes destrezas. O testemuño de Santiago Pérez, Pedro Fraga, Carlos Villarino, Alfredo Sixto, Ramón Cuadrado, Alfonso García e Juan Necega, persoas que en diversos momentos históricos se dedicaron a esta profisión, a bo seguro que permitirá cumprir cos obxectivos.























Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



