Xove 3-8-18. Este venres 3 de agosto en Xove, tivo lugar a presentación do VI Torneo de padel San bartolo de Xove, neste acto estivo presente o alcalde do Concello de Xove, Demetrio Salgueiro, a concelleira de Deportes Cristina Iglesias xunto con Ivan Gonzalez da empresa IG10 que xestiona o torneo e Álvaro Juárez coordenador do mesmo.
O torneo será dende o 20 ao 24 de agosto e terá as seguintes categorías: Open masculina, Open feminina e Open mixta. Repartiranse 1500€ de material deportivo en premios.
A inscrición pódese facer na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Xove ou ben nas instalación de IG10 en Burela.
O sorteo será o día 17 ás 20:00 na pista de padel.
Para máis información sobre o torneo: 982581381
