Viveiro, 11 de agosto de 2018.Este martes finalizan as actuacións levadas a cabo na rúa Martín Ledesma que permitirán que todo estea a punto para o inicio do curso escolar. Ao longo dos últimos meses executáronse as obras incluídas no “Proyecto para la reposición de firme y regeneración de isletas existentes frente a la zona escolar de la calle Martín Ledesma-Viveiro”, cun presuposto de contrata por importe de 97.367,54 €, que consisten en:
.Mellora da capa de rodadura: mediante reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axustadas ás características do tráfico rodado que soportan.
.Acondicionamento das isletas de tráfico: mediante a substitución do actual bordillo de formigón que as delimita, así como a rexeneración das zonas verdes existentes no seu interior e a dotación de rego automático.
.Dotación de pasos de péons elevados: dotación de dous pasos de peóns elevados.
.Saneado de sumideiros y canalización das pluviais: reposición de sumideiros e da canalización de augas pluviais deterioradas, co obxectivo de garantir a evacuación das devanditas augas.
.Pintando de marcas viais: pintado de cebreados, símbolos e liñas de delimitación de isletas, vial e zonas de aparcamento.
Esta obra está incluída no convenio que este concello asinou coa Deputación Provincial de Lugo en data 21 de decembro de 2017, por importe de 155.000 euros, sendo financiada integramente polo ente provincial.






















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



