Cervo, 12 de setembro de 2018.- O Concello de Cervo será, por segundo ano consecutivo, escenario da Semana de Prevención de Incendios que terá lugar no Pavillón da Veiga, en San Ciprián, o 24, 25 e 26 de setembro.
Trátase dunha actividade didáctica aberta a todo o público pero dirixida fundamentalmente ao alumnado dos colexios do municipio e de toda a comarca da Mariña, co obxectivo de que “aprendan a identificar os riscos que poden presentarse na súa contorna e adquiran os coñecementos necesarios para poder actuar en caso de emerxencia”, tal e como apuntou o rexedor, Alfonso Villares.
A iniciativa está promovida un ano máis en colaboración coa Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB), e conta tamén coa colaboración de Alcoa.
Desde o Concello de Cervo xa se remitiu unha invitación por escrito a todos os centros educativos da Comarca agardando que se despracen eses días a Cervo. A data escollida non é casualidade, de feito aproveitase o inicio do curso escolar para que os pequenos e pequenas adquiran desde o minuto un hábitos preventivos converténdose á vez en educadores da súa contorna familiar.
Recordamos que na pasada edición foron máis de 800 os escolares de toda a Mariña que participaron nas xornadas de prevención.
