Cervo, 11 de outubro de 2018.- A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional investiu máis de 581.000 euros, desde o ano 2009, en distintas obras de mellora dos centros educativos de Cervo.
As achegas autonómicas, promovidas en colaboración co Concello de Cervo e en coordinación cos equipos directivos dos centros, permitiron desenvolver múltiples actuacións na totalidade das instalacións, isto é, nos dous colexios e no instituto do municipio.
CEIP Península da Paz
Así o explicou esta mañá, a modo de balance, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, durante unha visita ao colexio Península da Paz, en San Cibrao, na que estivo acompañado do alcalde, Alfonso Villares e doutras autoridades.
Precisamente, a achega máis relevante neste mesmo centro tivo lugar no ano 2012 coa ampliación do pavillón polideportivo cuberto.
Con todo, a visita actual tiña por obxecto comprobar outra actuación de mellora recentemente finalizada, nesta ocasión, no patio de xogos ao aire libre, que foi mellorado e repintado grazas a un investimento autonómico de 17.500 euros.
A estes traballos veñen sumarse á recente reforma do parque infantil que se acometeu con fondos municipais e que supuxo dun investimento de algo máis de 20.000 euros.
CEIP de Cervo e IES Marqués de Sargadelos
“Todos os centros educativos do municipio contaron co apoio da Xunta e do Concello, en concreto neste verán, con obras de pequena envergadura pero de grande utilidade e servizo para a comunidade escolar e, en especial, para os nenos e nenas que a diario acoden ás aulas”-explicou Balseiro.
Así a Xunta financiou con 9.000 euros a mellora da biblioteca do outro colexio da localidade, o que está emprazado na capital municipal (CEIP de Cervo) e rematou o peche perimetral do IES Marqués de Sargadelos, actuación que supuxo un investimento global de 15.800 euros.
























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



