Burela, 11 de outubro de 2018. O alcalde, Alfredo Llano, participou onte en Santiago nunha xuntanza do proxecto europeo Aquamundam, que ten por obxectivo mellorar o ciclo integral da auga. O acordado foi realizar unha diagnose dos concellos participantes durante dous meses para analizar os caudais, a distribución, o abastecemento, etc… O rexedor burelés aproveitou a ocasión para falar coa responsable de Augas de Galicia sobre a nova Edar.
Alfredo Llano explicou que “onte asistín a unha reunión que estaba convocada, a través de Augas de Galicia, para realizar unha primeira toma de contacto entre os concellos que imos participar nun programa europeo, que é Aquamundam. Este proxecto está liderado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia, e tivemos unha reunión con este instituto máis con Augas de Galicia e os catro concellos implicados que somos Ames, Soutomaior, Noia e Burela, polas características que temos cada un de nós con respecto ao que debe ser unha boa xestión da auga”.
O alcalde burelés dixo que “se trata de facer un estudo e unha planificación para a xestión integral da auga, sobre todo no que é o abastecemento, o saneamento e a depuración. Onte fixemos o primeiro contacto e agora imos traballar sobre un diagnóstico que se vai facer a todos os concellos, e imos aportar uns datos relativos á importancia que pode ter o tema do ciclo integral da auga. O único que se vai facer durante dous meses é recoller datos como son os caudais, a distribución, os problemas que poden ter, os diferentes abastecementos, as características, o número de abonados, e unha serie de detalles que van facer falta para despois facer un estudo máis en profundidade e telos en conta para mellorar o que importa para unha boa calidade da auga en todos os aspectos”.
O rexedor engadiu que “dentro de tres meses quedamos en volver reunirnos, unha vez que se faga o informe, e veremos que é o que hai que facer en cada un dos concellos e xa veremos o que hai que facer tamén en Burela”.
Alfredo Llano declarou que “tamén tiven ocasión de falar coa nova presidenta de Augas de Galicia do proxecto da nova Edar. Queremos que se apure ese proxecto, estiven explicándolle que é unha necesidade urxente agora mesmo construír esta nova Edar en Burela, e soliciteille que se vaian dando os pasos relativos a facer isto o antes posible. Agora mesmo está o proceso do proxecto en plan de información medioambiental, e iso levará un mes máis ou menos, e hai que continuar o antes posible”.






















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



