Burela, 11 de outubro de 2018. Na Biblioteca Municipal de Burela estará desde a vindeira semana o libro Diccionario de artes de pesca de España y sus posesiones, de Benigno Rodríguez Santamaría. A directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez, fíxolle esta doazón ao Concello coincidindo coa celebración do 50 aniversario do barco Reina del Carmen. Para o alcalde de Burela, Alfredo Llano, trátase dun documento moi valioso que estará a disposición dos estudosos e persoas interesadas pola pesca de principios do século pasado tanto no litoral lugués como asturiano.
O rexedor referiuse “a esta doazón que nos fai a Consellería do Mar do Diccionario de artes de pesca de España y sus posesiones, titúlase así e do que o autor é Benigno Rodríguez Santamaría. Foi editado no ano 1923 e é un tomo que se nos doou a través da directora xeral, Mercedes Rodríguez. Tivemos ocasión de ver que é moi conveniente levalo para a Biblioteca porque vai servir para aqueles estudosos que queiran consultar e apreciar todo o que ten que ver coa pesca desa época”.
Alfredo Llano subliñou que “como documento histórico é extraordinario. Foi un estudo que se fixo en todos os portos de España, pero aquí na Mariña o investigador estivo en todos e cada un dos portos que constitúen a comarca e tamén estivo en Asturias. Este traballo é moi importante para ser estudado e consultado para aqueles temas que teñan relación coa pesca”.
O alcalde engadii que “se fala da pesca da balea, da pesca de todo tipo, de como eran os barcos, como eran as redes, como eran as artes, onde se faenaba e a cantidade de capturas que había, fálase das tripulacións. É un documento extraordinario para aquela xente que estea interesada en consultar, en facer traballos e estudos sobre a pesca tanto na nosa comarca como no resto do país. A partir da semana que ven imos colocalo na Biblioteca Municipal de Burela para que poida ser consultado”.






















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



