Mondoñedo, 09 de outubro de 2018.- O Centro Comarcal de Mondoñedo acolleu esta tarde a presentación dos proxectos impulsados na terceira edición do coworking da Mariña lucense impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e a Escola de Organización Industrial (EOI), na que 33 emprendedores recibiron formación e asesoramento á medida para o desenvolvemento dun total de 22 proxectos empresariais. A alcaldesa, Elena Candia, avanzou na súa intervención que Mondoñedo acollerá a partir de xaneiro unha nova edición do coworking da Mariña lucense, en concreto a cuarta, tal e como lle confirmaron desde o Igape e a EOI.
A rexedora explicou que solicitarán que se identifique ao Concello de Mondoñedo como administración colaboradora atendendo ao coidado que se fai do emprendemento e ao impulso dun modelo que funciona, á vista dos resultados.
Os novos empresarios da terceira edición optaron pola oferta de servizos en diferentes ámbitos de actividade, como os relacionados coa valorización de recursos do territorio, o turismo e a hostalería; o uso das TIC en agricultura, seguridade ou fotografía; a asistencia e a conciliación familiar, laboral e persoal, e a fisioterapia; así como pola oferta de novos produtos do sector do transporte, o agroalimentario e a artesanía, entre outros.
Nas tres convocatorias da aceleradora da Mariña lucense levan participado ata o momento máis de 80 emprendedores con 65 proxectos, dos cales preto do 60% iniciaron a súa actividade empresarial. A iniciativa forma parte da rede coworking creada pola Conselleira de Economía, Emprego e Industria, cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE), para favorecer o desenvolvemento de plans empresariais e a creación de emprego sobre o territorio.
Este apoio da Xunta para o fomento do espírito emprendedor, sobre todo nos concellos do rural, súmase ao programa Galicia Rural Emprende, que este ano mobiliza case 7,8 millóns de euros para impulsar un total de 74 proxectos de empresas ou autónomos, 30 máis que na edición anterior. Só na provincia de Lugo, mobilízanse dous millóns de euros na consolidación de 18 proxectos empresariais.
Nestes días finalizan tamén as accións de formación e asesoramento das últimas edicións dos espazos coworking de Celanova-Terras da Limia, Ribeira Sacra, Costa da Morte, Mariña lucense e Ferrolterra, nas que, en conxunto, se apoiaron 130 novos proxectos de emprendemento. Desde o comezo da súa actividade e ata finais de 2018, estas iniciativas terán impulsado un total de 440 plans empresariais de 540 emprendedores.
Os novos empresarios poderán seguir contando cos servizos e os instrumentos de apoio que ofrece a Consellería de Economía, Emprego e Industria para facilitar a posta en marcha e a consolidación temperá das novas empresas. Deste xeito, poderán continuar accedendo ao asesoramento especializado ou titoría que precisen, así como a préstamos directos como os activados no novo programa de instrumentos financeiros innovadores (IFIs) para financiar os seus investimentos.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



