Mondoñedo, 4 de outubro de 2018. A Parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, ven de presentar unha iniciativa para que a Xunta aclare os motivos polos que se permitiu a total destrución do Castro do Monte da Trinidade, o castro de Flores, situado entre Mondoñedo e Lourenzá. Trátase dun xacemento arqueolóxico catalogado e aparentemente protexido dende o ano 1995. Olalla Rodil sinalou que nos anos 2008, 2016 e 2017 presentáronse denuncias e houbo requerimentos de informació por parte da oficina da defensora do pobo mais “a pesares de todo isto a Xunta de Galiza non fixo nada para paralizar a destrución que se fixo pola actividade mineira na zona”.
Segundo informou a Parlamentaria do BNG “a fiscalía xa vai abrir dilixencias para investigar as posibles responsabilidades do Servizo de Patrimonio da Consellería e, dende o BNG, pediremos as correspondentes explicacións no ámbito político”. Grupos como Mariña Patrimonio e Adega levan tempo presentado informes e denuncias que foron ignoradas pola Xunta e mesmo nun informe de marzo de 2016, un técnico Xunta atribúe a destrución a unha antiga canteira “xa abandonada” e propón a “exclusión” do enclave do “preinventario” de Cultura.
Ante estes feitos o BNG preguntará, en sede Parlamentaria, polas implicacións dos servizos de Patrimonio da Xunta en Lugo na retirada do do preinventario e do PXOM do Concello de Mondoñedo. Tamén se pediráns explicacións polo feito de que a Xunta ignorou durante anos as denuncias presentadas por Adega e Mariña Patrimonio nos departementos de Industria e Cultura da Xunta de Galiza.
As sospeitas sobre o servizo de Patrimonio da Consellería de Cultura en Lugo.
A parlamentaria do BNG sinalou que todas as sospeitas e a investigación da Fiscalía de Medio Ambiente centránse en responsables do servizo de Patrimonio da Consellería de Cultura en Lugo e avazou que, de confirmarse estas responsabilidades, o BNG pedirá o inmediato cesamento destas persoas. Para o BNG non é entendible que se permitise a total destrución dun xacemento perfectamente catalogado e protexido, sin a intervención da Xunta de Galiza.





















Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



