Mondoñedo, 1 de outubro de 2018.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo ultima xa a celebración da Festa dos Maiores que se vai levar a cabo na localidade o vindeiro mércores 17 de outubro, coincidindo coas San Lucas.
Ás 14:00 horas dará comezo a comida-baile no pavillón municipal de deportes. Está previsto que sexa unha xornada de confraternización na que non van faltar a gastronomía típica, o baile, a festa e os agasallos para todos os participantes. O xantar estará amenizado pola Orquestra Mindoniense Principal.
A rexedora, a popular Elena Candia, convida a participar nesta cita que supón, unha edición máis, “un día de festa e de ledicia para os veciños e veciñas”.
Inscricións
As persoas empadroadas no Concello de Mondoñedo maiores de 65 anos e os pensionistas de calquera idade, xunto coas súas parellas, terán que facer un pago simbólico de 3 euros. O prezo da entrada para as persoas empadroadas no Concello menores de 65 anos e persoas empadroadas noutros concellos será de 15 euros.
A inscrición pode facerse nas dependencias municipais, no Departamento de Servizos Sociais-Baixos do Concello, ata o xoves día 11 de outubro.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



