Ribadeo, 23 de outubro de 2018. O Concello ofreceu unha recepción ao ximnasta ribadense Yuri Rascado Pita que se proclamou subcampión de España na modalidade de cabalo con arcos. Ao acto asistiron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, David Rivas, e o técnico de Deportes, Iván López.
O edil de Deportes dixo: “eu sempre entendín o deporte como sinónimo de sacrificio, de dedicación e sobre todo de loita contra un mesmo, que realmente me parece moito máis complicada que a loita contra os rivais porque require, ademais dunha excelente preparación física, unha solidez e un traballo psicolóxico de moi alto nivel. Penso que poucos deportes requiren o grado de disciplina, de traballo e de concentración que son necesarios na ximnasia artística onde practicamente podes xogarte toda a tempada nun minuto de exercicio, a concentración ten que se máxima, calquera mínimo error pasas de subir ao podio ou quedar fora del por un despiste”.
David Rivas dirixiuse ao ximnasta Yuri Rascado dicíndolle que “estamos seguros de que tiveches que dar o cen por cen de ti mesmo para conseguir esa merecidísima medalla de prata no cabalo con arcos. Para nosoutros é un orgullo que un ribadense se suba a un podio aínda que neste caso fose defendendo os cores da Universidade da Coruña, porque en Ribadeo loxicamente de momento non temos ningún club que practique esta disciplina deportiva. Quen sabe se nin futuro, cando gañes todos os títulos posibles, che apeteza virte para Ribadeo, montar un club e poñerte a adestrar”.
O concelleiro ribadense engadiu que “queríamos facerche este pequeno acto de homenaxe, de recoñecemento, de valorar ese montón de horas de adestramento que te levaron ao podio. Ao mesmo tempo animarte e apoiarte para que sigas, sobre todo, disfrutando do deporte e traballando con ilusión porque esa é a parte fundamental, e cando se traballa con gañas e con ilusión os resultados ves que chegan. Darche a noraboa e dicirche que esperamos volver verte por aquí en ocasións futuras, porque sería un moi bo sinal tanto para ti, porque agrandarías o teu palmarés, como para todo Ribadeo que a día de hoxe xa pode presumir de que ten outro campión”.
Pola súa banda o alcalde, Fernando Suárez, manifestou que “o que destacamos é terte hoxe aquí porque nosoutros cada ano facemos unha gala do deporte, pero todas aquelas personalidades que coma ti teñen destacado a nivel estatal, etc…, lles facemos un recoñecemento singular como é o caso, sen prexuízo de que cando é a gala do deporte tamén te chamemos aquel día”.
O rexedor ribadense declarou: “parécenos que nesta sociedade onde vivimos hai algúns deportes que están en todos os telediarios, e logo hai outros que non se sabe nin que existen, empezando por min. Cando vin que había un rapaz que quedou subcampión de España de potro con arco, non sabía case nin que era, e coma min moita xente porque son deportes minoritarios que practican moi poucos en comparación con estes masivos que están ata na sopa, entón o teu ten moito mérito, o de todos ten mérito pero o teu especialmente”. E engadiu: “ademais aquí ata non temos nin demasiadas instalacións para que, aínda adaptándoas, puideras adestrar. Polo tanto é un mérito que leves o nome de Ribadeo, o nome de Galicia por aí adiante, e sen dúbida xente coma ti fai que outros tantos nenos dentro de pouco teñan a quen admirar, teñan un referente que vas seguir sendo ti, e que se vaian animando máis para que este deporte con tan poucos seguidores, igual dentro de pouco sexa un pouco máis masivo”.
Suárez Barcia deulle un consello a Yuri Rascado: “un consello que sempre dou, sei que poñedes todo o máximo de vosoutros mesmos para isto, pero non descoidedes os estudios porque iso é o equilibrio que debemos ter. Polo tanto toca seguir estudando e conseguindo títulos, se os conquistas fenomenal, senón non pasa nada, segues practicando este deporte tan bonito”.
Yuri Rascado Pita estivo acompañado neste acto polos seus pais e pola súa irmá.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
