Lugo, 23 de outubro de 2018. A Concelleira de Cultura de Viveiro, Lara Fernández Noriega, presentou este martes na Deputación Superarte, o I Certame de teatro feito por persoas con diversidade funcional, que terá lugar do 24 ao 28 de outubro no municipio mariñán, organizado polo Concello de Viveiro co apoio do Goberno da Deputación. No acto tamén participou o coordinador do proxecto, Fabián Ben Conde.
A Concelleira de Cultura subliñou que “como o propio nome indica Superarte pretende amosar aos públicos os valores de superación de todas as persoas e asociacións que forman parte da mostra teatral e poñer de relevancia os beneficios das artes como disciplinas integradores e elementos de cohesión social”.
Ademais de teatro, Superarte inclúe proxeccións cinematográficas, visitas guiadas, actividades de danza e a mostra Enfocando Historias, que acollerá a sala multiusos da biblioteca municipal, do 25 de outubro ao 16 de novembro.
Enfocando historias é un proxecto fotográfico presentado á II Convocatoria de Actividades de Voluntariado da Fundación Telefónica por Carmen Andión Villanueva, para realizar coa Asociación DOWN LUGO, o voluntariado da Fundación y ASTELU (Asociación Senior Telefónica de Lugo) e contando coa dirección da fotógrafa Aleksandra Dmitrieva.
Programa de actividades
Mércores 24
20:30 | Sala Multiusos da Biblioteca Municipal
Inauguración da exposición ‘Enfocando Historias’.
Xoves 25
12:30 | Multicines Viveiro Proxección de Wonder.
Sesión adicada a público escolar
21:00 | Multicines Viveiro
Proxección de Wonder
Entrada ata completar aforo con donativo de 2€
Venres 26
12:30 | Teatro Pastor Díaz
Eu Son Burela
Duración: 40 minutos
20:30 | Teatro Pastor Díaz
Pinchacarneiro Teatro
Duración: 65 minutos
Sábado 27
10:30 | Sala Multiusos do Concello de Viveiro
Ferramentas de Expresión Dramática
16:30 | Conservatorio de Música de Viveiro
Obradoiro de Clown
17:00| Oficina de Turismo
Visita guiada no Vivertren
20:30 | Teatro Pastor Díaz
Teatro Múxicas
Duración: 60 minutos
Domingo 28
11:00 | Conservatorio de Viveiro
Obradoiro de Danza
12:00 | Sala multiusos do Concello de Viveiro
Mesa Redonda
13:30 | Sala multiusos do Concello de Viveiro
Sesión Vermú
17:30 | Multicines Viveiro
Proxección de Campeones
Entrada: 3€ ata completar aforo.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



