Viveiro. 30-10-2018. O pasado luns 29 de outubro, celebrouse unha xornada dedicada a salientar os recursos turísticos vencellados á Ruta dos Faros de Galicia na que se atopan os 13 concellos que comprende este organismo.
Esta actividade, á que estaban convidadas tódalas empresas asociadas a Mar Galaica, gozou coa representación de arredor de 15 entidades turísticas do territorio, quen deron a coñecer as potencialidades dos seus negocios e do entorno que os rodea ao resto de participantes mediante unha xornada de networking. A creación da rede de contactos continuou durante a comida namentres se degustaba unha selección de pratos do mar na terraza do Hotel las Sirenas de Viveiro.
Ademais de crear unha rede de contactos con outros negocios da zona, as persoas participantes recoñeceron os atractivos turísticos salientados pola Ruta dos Faros nunha presentación que foi complementada con visitas interpretadas a recursos representativos do territorio: O Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen, O Faro de Estaca de Bares e o Porto de Bares. As persoas participantes coñeceron de primeira man a información relativa a estes recursos e ao produto turístico A Ruta dos Faros de Galicia de maneira que poderán influenciar aos seus clientes para que os visiten con fundamentados argumentos.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



