Lugo. 30 de outubro, 2018. O Grupo Provincial do PP acadou a unanimidade da Corporación para demandar a implicación do Goberno do Estado para manter a actividade e os empregos das centrais que o Grupo Alcoa ten en San Cibrao, A Coruña e Avilés. A maiores, os populares promoveron a aprobación dunha declaración institucional da Deputación de Lugo co mesmo contido que a aprobada no Parlamento de Galicia para requirir ao Goberno do Estado.
Na súa iniciativa os populares instan ao Goberno de España, dirixido por Pedro Sánchez, a ter en conta a importancia do número de empregos directos e indirectos que xeran estas plantas no seu territorio, nomeadamente na Mariña onde esta industria supón un emprego directo de máis de 1.100 traballadores, aos que sumar 700 empregos auxiliares e miles de postos de traballo indirectos en toda a comarca.
Os populares consideran que tanto San Cibrao, como A Coruña e Avilés comparten “un problema común”, polo que piden a unión das forzas para conseguir acordos útiles con independencia de cores políticas que favorezan a continuidade do emprego e da actividade da empresa.
Petición de novos investimentos
Así mesmo, desde o Grupo Provincial do PP pídese a colaboración do Executivo dirixido por Pedro Sánchez de cara a poder realizar novos investimentos en Alcoa A Mariña, de maneira que se garanta a súa continuidade, así como a dos empregos que xera.
Na súa iniciativa os populares amosan e trasladan o seu respaldo unánime aos traballadores e traballadoras do Grupo Alcoa, así como o rexeitamento ao peche das factorías de A Coruña e Avilés. Agradecen ademais as xestións iniciadas desde o primeiro momento polo Goberno galego, cuxo presidente mantivo xa unha reunión co seu homólogo asturiano, Javier Fernández.
Desde o Grupo Provincial Popular consideran preciso e urxente conformar unha fronte institucional común en defensa do emprego e do mantemento da actividade industrial de Alcoa, polo que consideran “de vital importancia” contar co apoio e a implicación do Goberno de España.



















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



