Viveiro, a 31 de outubro de 2018. Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.
.. Varios veciños se dirixiron o noso grupo para comunicarnos que ante a necesidade de realizar unhas consultas no servicio de atención ó consumidor do que dispón o noso concello, non puideron realizar as mesmas o non encontrar a ninguén neste posto. Explicaronlles que a persoa encargada de atender estes servicio se xubilara e deronlles un teléfono para chamar.
Ante esta circunstancia , e dada a incomodidade que esto xenera, sobre todo as persoas de idade que prefieren un trato personalizado e vez de ser atendidos por teléfono, e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:
1) Teñen pensado repoñer cunha persoa a atención deste servicio de axuda ó consumidor?
2) En caso afirmativo, cando pensan facelo?
.. No mes de novembro de 2017 finalizou o contrato de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos e limpeza dos espacios públicos coa empresa adxudicataria CESPA. Con tal motivo, no pleno do 11 de outubro do ano pasado interesábamonos polos novos pliegos para un novo concurso de adxudicación deste servicio.
Por parte da Sra. Alcaldesa se nos contestaba que se estaba a elaborar o prego técnico e que dada a súa complexidade que se pediran orzamentos a diversas empresas especialistas no sector e que xa se lle encargara o traballo a unha delas. Sinalabase tamén que posteriromente os técnicos municipais redactarían o prego de cláusulas e tras ser informado por Secretaría e Intervención, convocaríase a Comisión informativa previa ó Pleno.
Como queira que transcurriu máis dun ano sin que teñamos ningunha información ó respecto, e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:
1 – Ten pensado sacar a licitación deste servicio antes de que remate o seu mandato en maio do 2019?
2 – En caso afirmativo, teñen os técnicos municipais redactados xa os pregos de cláusulas?
3 – Cando pensa levar estes pregos á comisión informativa previa a que veñan ó Pleno?
















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



