Burela 27-10-18. Viajes Eroski organiza desde A Mariña unha viaxe á cidade turca de Estambul para a vindeira ponte de decembro. Unha experiencia de cinco días e catro noites con saída o mércores 5 de decembro ás 15:30h en autobús desde A Mariña ata Santiago de Compostela e vóo directo ata Estambul.
Esta é a única cidade do mundo situada á vez entre dous continentes, o que lle aporta unha maxia indescriptible: o destino perfecto para aqueles que queiran probar o exotismo de Oriente sen alonxarse demasiado de Europa. Tanto na gastronomía como na arquitectura ou nas súas costumes, Estambul é a metáfora perfecta de dúas culturas vivindo xuntas.
Os viaxeiros mariñáns disfrutarán regateando e mercando nos bazares, entrando en imponentes palacios, igrexas e mezquitas, ou simplemente paseando polas rúas que os transportarán a un mundo descoñecido.
As persoas interesadas deben poñerse en contacto coa axencia de Viajes Eroski en Burela (teléfono 982586327), pois quedan xa moi poucas prazas libres para completar esta viaxe que regresará o domingo 9 de decembro.
