O 8 de novembro celébrase o Dia Mundial do Urbanismo,creado pola ONU en 1949, “co fin de defender os intereses públicos da planificación urbana”. A R.A.E. define “urbanismo” como “o conxunto e coñecementos que se refiren ó estudo, desenvolvemento e progreso dos pobos en orde ás necesidades e a calidade de vida. Un urbanismo ordenado, equilibrado e cuidadoso co entorno, sen a acción destructiva das institucións, nen concesións á especulación, é garantía dunha vida mellor”
En España tratouse o asunto por primeira vez dun xeito formal no 1º Congreso Nacional de Urbanismo, celebrado en Madrid en 1929, pero os logros non foron os esperados pois, xa entón,fallou a colaboración dos concellos. No informe da Sociedade de Urbanistas de certo país lese: “ es cuestionable que las autoridades se han entregado al albedrío de construir o remodelar espacios que con justicia generan la protesta ciudadana; ello sin considerar los indicios de corrupción. Por otro lado es el ambiental un tema olvidado que reduce la calidad de los recursos turísticos…”
É obvio o interese do urbanismo, que debería ser preocupación primordial de pobos e gobernos, mais alá dos cotiás e demagóxicos discursos tan propios da caste política; con mais feitos e menos verbas, na defensa dun interese cidadán que , sen avergoñarse, unha e outra vez, din defender.
Do interese que os políticos amosan por cuestión tan transcendente temos os focegos mostra evidente: precisaron mais dunha ducia de anos para, tras àrduo traballo, mental sobre todo, chegar a comprender a barbarie cometida co emplazamento da depuradora; aínda que polos xornais temos novas de que agora non saben qué facer con ela. Non saben onde ubicala pois os ventos da política, que marcan o rumbo a capataces e mesnadas ao servizo da causa, son cambeantes… ¿Precisarán pois, para decidilo, outros tantos anos? E namentres os cidadáns normais, as xentes de ben, viven entre noxentos cheirumes…..É a lección que a cotío nos dan os políticos“progresistas”… adxetivo ao que, con desbordante imaxinación, todos se adscreben.
–




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



