A Mariña, 21 de novembro de 2018. Esta fin de semana, os días 23 e 24 de novembro, segue o Mes da Maxia en varios locais hostaleiros mariñáns de Barreiros, Ribadeo, O Vicedo e Mondoñedo.
Esta cuarta fin de semana do Mes da Maxia 2018 segue este venres, 23 de novembro, en Barreiros. O restaurante A Yenka contará con Pi e Joge e Texturas Galegas, en Ribadeo, gozará cos trucos do Mago Rafa. E o 24, o sábado, Pie e Paredes actuarán no restaurante Area Grande, de O Vicedo, e Joge estará en A Penela, en Mondoñedo.
Nesta sétima edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña, están a participar os Magos Joge, Paredes, Rafa, Kiko, Teto e Pi. E os locais que acollen as súas actuacións son: O Noso Lar, O Asador, Vila do Val, Casa Damián, Buenavista, A Marquesa, Casa do Fidalgo, A Garita, Casa Franco, Mis en Plas, Rincón do Mis, O Cabazo, A Yenka, Texturas Galegas, A Penela, Area Grande, O Almacén, As Sirenas e Parador de Turismo de Ribadeo.
A cita arrincou o pasado 2 de novembro e rematará o 1 de decembro.
Xa o día 30 de novembro en As Sirenas, en Viveiro, estará o Mago Teto; e no Almacén, en Cervo o Mago Rafa; e finalmente o 1 de decembro o Mago Teatro levará a maxia a Casa Franco, en Alfoz; e o Mago Rafa ofrecerá unha actuación no Parador de Turismo de Ribadeo.
Na páxina web www.mesdamaxia.com atópanse o listado cos restaurantes participantes así coma os menús que se poderán degustar en cada un deles e os números de teléfono para facer as reservas. Os prezos dos menús máxicos, que inclúen as ceas e os espectáculos de maxia, oscilan entre os 25 e os 30 euros. Os restaurantes dispoñen de menús infantís e de diferentes posibilidades gastronómicas para que os máis pequenos e pequenas tamén gocen destas noites de maxia e de ilusión.
O sétimo Mes da Maxia está organizado pola Mancomunidade de Municipios da Mariña no marco do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia.
























Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



