Lugo, 21 de outubro de 2018. O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, e o Tenente de Alcalde, Francisco Martínez Bermúdez, presentaron este mércores a XII Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova que se celebrará do 6 ao 9 de decembro. Trátase dunha cita que debido ao interese que esperta, pois espéranse superar os 8.000 visitantes, se ampliou, engadindo un día máis de mostras. O horario é de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. Este evento conta cunha colaboración de Deputación e Concello de 12.000 euros.
O Presidente explicou que “esta Feira é unha das citas máis importantes para o Concello pois a grande número de persoas que participan dela, unhas 8.000, convértea nunha oportunidade de dinamización para a economía local. Ademais tamén é unha gran oportunidade de pór en valor os oficios tradicionais, que se mesturan con novidades do ámbito da artesanía e deseño, o que axuda a protexer o patrimonio etnográfico da Provincia”.
Martínez Bermúdez destacou que nesta ocasión participarán 30 anticuarios, de todo o territorio do estado e de Europa, así como 30 artesáns de diferentes puntos de España e que ofrecerán unha gran variedade de produtos: barro, madeira, cestería, complementos en tea, xoias ou coiro. O tenente Alcalde explicou que “todos os anos a feira ten máis solicitudes que espazos dispoñibles, polo que é necesario deixar postos en lista de espera”.
Obradoiros, motos e mostra
Este ano, as actividades compleméntanse coa III xuntanza de Vespas, motos e coches clásicos. Ademais, poderase visitar a mostra dedicada aos zoqueiros e galocheiros de Lugo. Impulsada polo Goberno da Deputación é unha homenaxe a estes artesáns que tiveron tanta importancia na Provincia e que reúne pezas e ferramentas de 24 concellos, retratos de antigos zoqueiros e un audiovisual que mostra o proceso de realización das zocas por parte dun mestre artesá. Haberá tamén demostracións ao vivo de diferentes oficios tradicionais de zoqueiro, cestería en vimbio, navallas, tear triangular, madeira, cestería, coiro, e pirogravado.
Menú “Especial Feira”
Campos Conde agradeceu “ao comercio local, a hostalaría e aos colectivos da Pontenova que en colaboración co concello, fan posible que esta Feira sexa un éxito” unha destas iniciativas é a oferta do menú “Especial Feira” cun prezo de 15 euros que se poderá gozar nos restaurantes San Briz, O Lar de Balbina, A Mina. Tamén estará presente a Pulpería Esther de Monterroso.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



