Compostela 21-11-18. Cos votos contrarios do PP (37), a abstención do PSOE (14) e o voto favorábel de EnMarea e BNG (20), este martes o Parlamento Galego rexeitou dar unha oportunidade aos nosos bosques fronte ao cambio climático, os lumes e os eucaliptos.
Dende a Comisión Promotora, integrada por representantes da Alianza por un Rural Galego Vivo (ADEGA, CIG, FRUGA e a ORGACCMM) e as organizacións da Rede Cousa de Raíces, queremos agradecer aos grupos políticos que apoiaron esta ILP (BNG e EnMarea) a súa preocupación e sensibilidade cara a preocupante situación dos nosos montes en particular e do rural galego en xeral. Vaia por diante tamén o agradecemento ás máis de 40.000 persoas que manifestaron o seu compromiso e entusiasmo en defensa dos nosos bosques, ás que dende as organizacións promotoras aseguramos que non imos renunciar a un monte galego vivo, multifuncional e sustentábel.
O PP seguíu o guión agardado e impuxo o seu voto contrario á ILP, fiel ao modelo que dende a patronal pasteiro-enerxética impoñen dende hai décadas. Coa excusa da súa “inoportunidade” e ao fío das conclusións da Comisión Parlamentar dos Lumes, nas que fían coma un dogna de fe, o representante do PP señor Blanco artellou a súa intervención arredor do eucalipto. Malia a que como relatou a poñente esta non era unha ILP contra o eucalipto senón a favor do bosque autóctono, o PP teimou en defender as bondades desta árbore, mesmo cuestionando o seu carácter invasor (“o eucalipto non rebrota”) e pirófilo (“o eucalipto non arde”).
Máis inesperada e sorprendente foi a abstención do PSOE, fundamentada nas dúbidas sobre a “oportunidade” da iniciativa e en discrepancias co contido, que tampouco non foron explicadas. Ao igual que o PP, fían a solución dos problemas do monte ás conclusións da Comisión dos Lumes, que votaron a favor xunto co PP, e ás e receitas dos expertos nela consultados. Semella que despois de 40 anos fronte á evidencia, o grupo socialista segue debatendo se eucaliptos ou piñeiros, mentres os nosos bosques esmorecen e o rural despobóase. Ao PP tenlle saído un novo aliado nas súas políticas eucaliptizadoras e ruralicidas, para maior gloria de ENCE.
A voceira da Comisión promotora Virxinia Rodríguez insistíu na necesidade de abordar con decisión un problema que todos recoñecen, e que semella moi poucos queren afrontar. Non abonda con un novo Plano Forestal se valida o fracaso do anterior e non corrixe os resultados de 40 anos de eucaliptización. Os nosos bosques merecen máis valentía por parte dos responsábeis políticos para asumir os erros e corrixilos, en troques de tentar ignoralos. Por segunda vez en 30 anos o Parlamento de Galiza dá as costas ao futuro do monte galego.
Agardemos que dentro doutros 30 haxa aínda algún bosque que protexer.


















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



