A pasada fin de semana celebrouse a Fashion Foz que organiza a castropolense Judit Fernández Urrabieta, na que participaron diversas persoas como a ribadense Natalia Moledo da firma Mandarita, a modelo veigueña Claudia Rodríguez Insua e o perruqueiro veigueño Jose Rodríguez. O evento consistía nun desfile con varias tendas e marcas, así como modelos, perruquería, maquillaxe e complementos, sorteos e unha suculenta cea, todo elo no Rincón del Mis, en Foz.
