Foz, 29 de novembro de 2018. Jesús Sanjurjo Val gañou 300 euros en vales de compra no Campañazo de novembro, que organiza o Centro Comercial Aberto. O terceiro sorteo celebrouse o pasado venres, día 23. A entrega do premio tivo lugar nas últimas horas en restaurante Dandy, que foi o local desde o que Jesús Sanjurjo seguiu o Campañazo. No acto participaron Olaya Pedrosa, secretaria de ACIA/CCA de Foz; María Chao, do restaurante Dandy; e Lourdes, de Lourdes Lencería, a tenda na que o afortunado conseguiu o seu cartón.
Varias persoas repartíronse os outros 300 euros do terceiro sorteo do Campañazo deste mes de novembro de 2018.
O Campañazo rematará maña, día 29. En xogo estarán outros 300 euros en vales de compra para o que o cante en primeiro lugar e 300 euros máis para o resto de cartóns premiados.
O Centro Comercial Aberto de Foz destinou a esta nova edición do Campañazo 2.400 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



