HomeBrevesO alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o tenente alcalde, Plácido Pérez, achegáronse hoxe ata Rúa para felicitar a Francisco Fraga, Paco, polo seu 101 aniversario, que celebrou no día de hoxe xunta á súa familia; con esa vitalidade e bo humor que o caracteriza
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o tenente alcalde, Plácido Pérez, achegáronse hoxe ata Rúa para felicitar a Francisco Fraga, Paco, polo seu 101 aniversario, que celebrou no día de hoxe xunta á súa familia; con esa vitalidade e bo humor que o caracteriza
Unha actividade importante para esta semana na Casa da Cultura: A representación da obra "La Pimentera", a cargo de Dinamia Teatro, de Ponferrada, onde se aborda unha temática moi interesante no marco do 8 M: O papel das mulleres nos pobos. A representación será o sábado 6 de marzo ás 6 da tarde. Como sempre tomaranse todas as medidas de aforo e distancias establecidas pola Xunta de Galicia en relación coa COVID-19, concretamente o auditorio da Casa da Cultura está limitado a 60 persoas.
Na xuntanza, que tivo lugar na sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, participaron tamén o xefe territorial, Pablo Ramón Fernández Asensio; os alcaldes de Cervo e Xove, Alfonso Villares e Demetrio Salgueiro respectivamente, e Alejandro Rey, director da Autoridade Portuaria.
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, celebrará o Día da Muller cunha homenaxe ás mulleres que colaboraron na confección de máscaras durante o estado de alarma. O acto vaise celebrar o sábado 6 de marzo, ás 12:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes
Este vindeiro sábado, 6 de marzo, ás 20,00 horas, no local da Casa da Xuventude de Mondoñedo, terá lugar a presentación da novela "A Solo no le gustaba su nombre", de Pepe Peinó. Ademais do autor, estará, como vén sendo habitual, o lingüista Bernardo Penabade. Contarase tamén coa amenización musical a cargo de Alejandro Barreira, que interpretará tres temas acompañado da súa guitarra. O acto lévase a cabo coa colaboración do concello de Mondoñedo.
Por parte do concello, en canto nos solicitaron os datos do persoal do SAF para o proceso de vacinación por Covid-19, enviouse a información correspondente, procedéndose entre os días 17 e 18 de febreiro á vacinación do persoal deste servizo. A vacinación é un paso moi importante, tendo en conta o traballo que fai o persoal con persoas maiores e dependentes de Viveiro.